23.1.12
Entrega dos carnets de biblioteca ao alumnado de 4º de EI
Zongalo Quirico entrega os carnets aos máis pequerrechos.
20.1.12
Calendario 2012 do CEIP Recimil
Se queres saber en que día estás......pincha e mira neste calendario.
14.12.11
As propostas lectoras de Zongalo Quirico para este Nadal
Zongalo Quirico presenta unhas lecturas moi divertidas. Se queredes vivir aventuras nestas vacacións de Nadal, só tedes que elexir algúns destes libros.
Boas festas e feliz ano 2012.
O voso galo.
ZQ.
13.11.11
Entrega de carnets e marcapáxinas ao alumnado de 5º curso de Educación Infantil
20.10.11
Ola raparig@s: estou novamente con todos vós co gallo do inicio do presente curso escolar para dicirvos que agardo a vosa visita xa que teño libros moi...pero que moi... interesantes na miña biblioteca. Aproveito para dicirvos que o horario de empréstito pecharase 5 minutiños antes de que soe a sirea de fin do recreo.
Sen máis, despídese o voso galo.
Sen máis, despídese o voso galo.
Moi boas lecturas!!!
21.6.11
GUÍA FERROL
O pasado venres e o luns os rapaces e rapazas de terceiro ciclo saíron polas rúas de Ferrol. En grupiños pequenos tiñan que completar unhas preguntiñas nunha guía sobre Ferrol. Como foi esa saída? Só tedes que mirar estas imaxes.
CONTACONTOS
O pasado venres tivemos con nós ao contacontos Inacio. Os raparigos e raparigas de 2º curso de Educación Primaria estiveron a rir coas fantásticas aventuras que o contacontos lles ía contando. Aquí tedes unha mostra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





