venres, 25 de maio de 2018

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS - XOGOS TRADICIONAIS


Antón Cortizas visitou a nosa biblioteca (o 15 e o 22 de maio) para ensinar xogos tradicionais ao noso alumnado.

Xogos con EI:
  • Paxariñas de papel ... que voaban!
  • Lío,lío. 
  • Roda cunha canción: AS ABELLIÑAS de S. MIGUEL.


Fotos do obradoiro de EI publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EI

  






Xogos con 1º e 2º EP:
  • Xogo cunha canción.
  • De novo, unha paxariña de papel, que os nenos ían recortando para facela voar.
  • Un son de bufo.
  • Unha mestra de 1º ofreceuse para participar xunto con Antón.
 Xogos con 3º e 4º EP:
  • Unha paxariña de papel. 
  • Son dun instrumento con canas.
  • Xogo do "bico do galo".
 Xogos con 5º e 6º EP: 
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.

 

Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP






Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos. 

Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.

mércores, 16 de maio de 2018

NOVIDADES DE MAIO

O curso está a rematar e seguimos catalogando  máis libros na biblioteca para telos preparados para o seguinte curso :

  • Pioneira
  • Emoticuentos
  • Samuel casi no tiene miedo
  • Mi primer Principito
  • Mi primer Zoo
  • Mi primer Larousse de la Naturaleza
  • Marcopola 4. Avoa Power
  • O sombreiro do mago
  • Álbum de bichos
  • El camello 
  • El bebé jefazo
  • Rimas para enero y para todo el año
  • Mi primer libro de poesía
  • El gigante más elegante
  • Tímida
  • Formigas 4
  • Lechuza Detective 4. La amenaza payasa
  • Lola Pimienta y el ladrón de la Feria
  • Billie B. es la mejor
  • Billie B. es muy especial

  Xa tedes boas lecturas!

mércores, 2 de maio de 2018

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL



Moitos nenos e nenas do cole visitamos neste curso a Biblioteca Municipal de Ferrol.
No mes de marzo foi  alumnado de E. Infantil. Pódese acceder ao contido publicado na web premendo aquí .

No mes de abril, que conmemoramos o Día do Libro, foi alumnado de E. Primaria.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.

Ensináronnos todas as dependencias da biblioteca, explicáronnos as normas de funcionamento, e ao final estivemos vendo moitos libros na sección infantil.
Animáronnos a facernos socios, algúns fixémonos, outros xa eramos.