luns, 20 de decembro de 2010

RECOMENDACIÓNS NADAL

Para rematar o trimestre, Zongalo Quirico, quere deixar unhas boas pero que moi boas lecturas. Entrade nelas e estade preparados e preparadas para un mundo MÁXICO cheo de aventuras.

BO NADAL!!!!!!!!!.


venres, 10 de decembro de 2010

FOTOS E MÁIS FOTOS

Aquí tedes algúns deses momentos de contacontos e dos nosos e nosas BRUXOS E BRUXAS.

martes, 30 de novembro de 2010

CONTACONTOS E BRUXAS E BRUXOS

Dende o pasado venres, na biblioteca os rapaces e rapazas de quinto están a contar contos aos máis pequerrechos. Estes son os contos:
- 3 anos: O lobo e os sete cabritos.
- 4 anos: O libro da selva.
- 5 anos: Os Bolechas teñen unha curmá.
- 1º: O lobo Florindo.
Esta actividade durará ata as vacacións.
Moi pronto teredes fotos destes momentos tan máxicos.

Zongalo Quirico avisa da existencia na súa biblioteca duns bruxos e bruxas. Tede coidado con eles e con elas xa que son capaces de botarnos un meigallo.

QUE MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

mércores, 3 de novembro de 2010

CARNET DE LECTOR OU LECTORA

O pasado xoves, os rapaces e rapazas de 4 anos, foron visitar a Zongalo Quirico á biblioteca. Alí, a súa secretaria, explicoulles como se utilizaba unha biblioteca. Pero a sorpresa veu ao final. O noso galo, Zongalo Quirico tiña uns agasallos para todos nós. Entregounos un marcapáxinas e o máis importante, un carnet de lector/a. Agora xa somos grandiños, e con ese carnet xa podemos levar empréstitos da biblioteca. Canto nos tardaba............
Zongalo Quirico agarda a vosa visita.
Saudiños e boas lecturas.

RECITADO POESÍAS

O mércores, 27 de Outubro, un grupiño de 2ºA, 2ºB, 2ºC, 3ºA, 3ºB, 4ºB, 5ºA e 5ºB, foron recitar poesías de Carvalho Calero á capela do Centro Torrente Ballester.
O voso galo, Zongalo Quirico, está moi contento e abraiado. Que fantásticos poetas e poetisas temos no noso cole!!!!!!!! Moi pronto teredes unhas fotos destes momentos tan impresionantes.
Saudiños e boas lecturas.

venres, 8 de outubro de 2010

CENTENARIO CARVALHO CALERO

O voso galo, Zongalo Quirico, informa que o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria están a preparar poesías do escritor Carvalho Calero. Ditas poesías recitaranse a finais de Outubro no centro Torrente Ballester. As poesías irán acompañadas dunha música.
Tedes ao lado da biblioteca, unha exposición sobre este escritor e tamén como era Ferrol no seu tempo. Seguro que levaredes unha sorpresa cando vexades algúns lugares da vosa cidade como foron cambiando ao longo do tempo.
ESTÁ MOI INTERESANTE. HAI UN LIBRO SOBRE AS PITAS QUE PODEREDES LER SE PASADES POR ALÍ.
SAUDIÑOS E BOAS LECTURAS.

FERROL

Ola raparig@s. Que tal ese novo curso? O voso galo, Zongalo Quirico está un pouco canso. O curso pasado estivo a viaxar tanto, tanto, tanto......Este ano viaxará pola nosa cidade: FERROL.
Necesita a vosa axuda. Como............? Sacándolle fotos a Ferrol e logo entregalas no cole ou mandalas ao seguinte correo: normalizacionrecimil@gmail.com Estas fotos deberán levar un pé de páxina e nome voso. Faremos unha exposición con todas elas e daremos agasallos ás fotos máis interesantes.
Tedes de prazo ata o día 12 de Novembro.
Saudiños e moitas lecturas.

luns, 14 de xuño de 2010

LECTURAS PARA O VERÁN

Para rematar o curso escolar, o voso galo, Zongalo Quirico, recomenda unhas lecturas moi pero que moi interesantes. Botádelle unha ollada!

venres, 4 de xuño de 2010

VISITA DO BREC Á BIBLIOTECA CENTRAL

O luns e o martes, os integrantes dos dous BREC visitamos a Biblioteca Central do noso concello. Fomos moi ben recibidos, onde nos explicaron a organización e funcionamento dunha biblioteca.
Unha vez rematada as explicacións estivemos ollando e lendo libros na sala infantil. Para rematar deronnos uns marcapáxinas de agasallo e animaronnos a ser socios e socias.

FOI UNHA SAÍDA ESTUPENDA

mércores, 26 de maio de 2010

VISITA ABRAHAM CARREIRO

Onte tivemos a visita no noso cole do escritor e ilustrador ABRAHAM CARREIRO. Aquí tedes unhas fotos deses momentos.


venres, 14 de maio de 2010

REVISTA ESCOLAR

Aquí tedes o concurso que vai ir na revista escolar. Animádevos e xogade. Os cinco primeiros un agasallo recibirán. Só tedes que vir á biblioteca coas respostas axeitadas.



>

mércores, 12 de maio de 2010

CINE MULTICULTURALIDADE

Desta vez, o noso galo, non nos trouxo libros das súas viaxes. Veu cargadiño cunhas películas que foron vistas na biblioteca as dúas semanas anteriores. As películas foron as seguintes:


- Educación Infantil: Kirikú y las bestias salvajes.
- Primeiro ciclo: Doraemon y el imperio maya.
- Segundo ciclo: Azur & Asmar.
- Terceiro ciclo. El viaje de Chihiro.

Saudiños.

mércores, 28 de abril de 2010

FLOR




A nosa fermosa flor, do Día do Libro, estaba un pouco murcha. Entón, Zongalo Quirico, botoulle unha pinga de auga e..........mirade como quedou.

sábado, 24 de abril de 2010

Día do Libro

O pasado venres 23 de abril celebramos no CEIP Recimil o Día do Libro. Tal e como organizaron os membros do Equipo de Biblioteca, no patio houbo xuntanza de profesorado e alumnado para ler diferentes respostas á pregunta "Para que les?", escritas en pétalos con moito color e que pasaron a formar parte dunha grande e alegre flor. Xa vexo que non vos faltan motivos para ler e iso ... encántame! E para poñerlle unha nota musical, toda a celebración estivo acompañada coa "Música Acuática de Haendel" e rematou coa primaveral canción "De Colores" que todos/as cantamos .



martes, 20 de abril de 2010

VISITA DANIEL NESQUENS

Hoxe, tivemos a visita do escritor Daniel Nesquens. Deixounos abraiados co seu sentido do humor e a súa imaxinación para crear fermosas historias.
Zongalo Quirico da as grazas a este fantástico escritor pola súa visita ao noso cole.
Aquí deixamos unhas fotos.

GRAZAS DANIEL NESQUENS.



luns, 29 de marzo de 2010

LÁMINAS MULTICULTURALIDADE

Para rematar este trimestre, Zongalo Quirico, deixa unha fermosa exposición de láminas de distintos países. Aquí tedes unha mostra, pero se queredes vela máis amodiño, xa sabedes o que hai que facer..........

VISITALA!!!!!



martes, 23 de marzo de 2010

FOTOS BREC




Moito falamos do BREC, pero.......... faltaban caras. Pois aquí estamos os dous grupos.






xoves, 25 de febreiro de 2010

BREC 2

O martes tivemos xuntanza co clube 2. Falamos do noso libro pero tamén comentamos de facer a investigación mandada ao clube 1.
Houbo unha rapaza, Daniela de 5ºB, cunha aportación moi interesante. Trouxonos un dibuxo sobre o nome do clube, é dicir, BREC. Pasarémolo a cartolina para que se vexa mellor.
Isto está moi interesante.
Que clube o acadará antes?
Sorpresa, sorpresa.

xoves, 18 de febreiro de 2010

BREC 1

O clube de lectura xa ten un nome. Cal é?
BREC
Imos poñelo máis doado. Sería Biblioteca Recimil Club. Pero por non falar tanto............, nos quedaremos con BREC.
Hoxe tivemos xuntanza co BREC 1. Estivemos a contestar as preguntas relacionadas co libro La casa del árbol. Tamén nos mandaron facer un traballo de detectives. Seremos capaces de facelo? Nós cremos que por suposto. O próximo martes teremos xuntanza co BREC 2 e tamén terán que ser investigadores e investigadoras, xa que se trata de mirar que BREC remata antes de facer a investigación. O BREC 1 xa atopou cousiñas moi interesantes.

martes, 9 de febreiro de 2010

CLUBE DE LECTURA

Hoxe tivemos a xuntanza co segundo clube de lectura. Zongalo Quirico, mandounos as seguintes tarefas:
1-Cubrir a ficha da páx. 7 do noso caderno de viaxe.
2- Recomendar un libro ao resto do clube.
3- Ler até a páx. 15.
Esta vez, o libro que imos ler é.......
Operación yogur.



venres, 5 de febreiro de 2010

CLUBE DE LECTURA

Onte comezamos co primeiro clube de lectura. Este clube está formado por alumnado de 5ºA e 5ºB. Estivemos parolando e o noso galo xa nos mandou facer tres traballiños para a próxima xuntanza. Imos lembralos:
1-Recomendar un libro ao resto dos compañeiros e compañeiras.
2-Cubrir os datos do libro que imos a ler.
3- Ler ata a páxina 23. OLLO! Só ata esa páxina.

Pero cal é o libro que nos manda ler o noso galo, Zongalo Quirico?

LA CASA DEL ÁRBOL


martes, 26 de xaneiro de 2010

CLUBE DE LECTURA

Onte e máis hoxe tivemos unha xuntanza cos rapaces e rapazas de 5º curso.
O galo, Zongalo Quirico, presentoulles un clube de lectura. Houbo moit@s voluntari@s. Que sorpresiñas nos terá gardadas o noso galo? Teremos que agardar, xa que comezaremos co clube de lectura a vindeira semana. Xa vos iremos contando.

MOI BOAS LECTURAS.