domingo, 28 de abril de 2019

NOVIDADES ABRIL 2019

        
     Estas son as novas adquisicións:

  • Maxi Baby enciclopedia de los animales.
  • Maxy Baby enciclopedia.
  • De letras e de imaxes nas aulas de primaria.
  • Incendios Forestales reflexiones desde Galicia.
  • Morriña.
  • El gran libro de las pequeñas historias.

xoves, 25 de abril de 2019

DIA DO LIBRO    2019

     O Día do Libro, 23 de Abril, no noso colexio celebrámolo cun acto moi especial : " APADRIÑAMENTO LECTOR ".
     O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta actividade que consistiu na lectura de contos de alumnado de 3º a 6º aos máis pequenos : E.I, 1º e 2º de E. Primaria.
    A lectura podía facerse en calquera  espazo do colexio E  como este ano choveu, tivemos que facelo dentro, nas aulas e polos corredores e tamén polas escaleiras.
   Un bo libro, boa compañia e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar ese día.
Enlace ao álbum publicado na galería da páxina web:

Día da Lieratura Infantil 2 de Abril

                   
              O  2 de Abril  é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 
INFANTIL E XUVENIL, os nenos e nenas de segundo curso de primaria acudiron á biblioteca municipal de Ferrol para celebralo cun CONTACONTOS. Foron recibidos e invitados a escoitar un conto por unha bibliotecaria. Logo, despois desta fermosa lectura, os rapaces poideron gozar da biblioteca collendo libros e lendo no chan e nos asentos infantís. Como agradecemento da  súa visita viñeron cuns agasallos da Biblioteca Municipal de Ferrol.
Enlace ao álbum da galería coas fotos desta visita e tamén da visita previa do alumnado de 1°: Biblioteca Municipal .