xoves, 28 de maio de 2009

Quen gañou o concurso dos profes?

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHMIZZsJ3I/AAAAAAAAFAU/CIMIpM86rBI/abm002550.jpgXa temos mestra gañadora do concurso. Chámase Sagrario, de 3ºA... díxomo esta mañá, no cole, diante do mural. Pero cando xa estaba pensando na entrega, entereime que Tucha, de Música, e Constanza, de 6ºA, tamén acertaran, e enviaran un correo electrónico ao meu enderezo hai seis días. A mensaxe pasoume desapercibida entre outras.

Agora véxome no trance de que non podo partir o premio en tres partes, así que despois de pensalo moito ocorréuseme unha idea: facer outro xogo para desempatar entre as tres.

Así que aí vai a pregunta para Tucha, Constanza e Sagrario:

Qué poderías facer se foses moi, moi delgado?

A resposta, nun debuxo da Biblioteca Máxica, como sempre.

mércores, 27 de maio de 2009

A Biblioteca Máxica en Desde Galicia para el Mundo / Desde Galicia para o Mundo

O Día das Letras Galegas a nosa Biblioteca Máxica apareceu na TV! Fixéranlle sendas entrevistas á nosa pintora Carmen Martín, unha en galego e outra en castelán, para o programa da TVG "Desde Galicia para o/el Mundo". Carmen falou no seu estudio pero tamén trouxo o equipo da tele a gravar no centro.

Así que a Biblioteca Máxica, e o noso cole, apareceron nos fogares de medio mundo!

Aquí tendes os vídeos:

Desde Galicia para o Mundo

(en gallego)

Desde Galicia para el Mundo

(en castellano)

Como surxiu a idea do mural

Hai un tempo, un pai preguntou neste mesmo blogue como surxiu a idea da Biblioteca Máxica. Aproveitando a lembranza que me trouxo o pedaciño de tea do que falei antes, contareivos a historia.

A idea desta Biblioteca Máxica xurdiu cando estaba facendo un conto para o meu fillo José e os seus compañeiros do cole, na clase da maravillosa Cuca. Veume, de súpeto, a imaxe dunha biblioteca feita ao longo das paredes da escaleira do edificio onde están os nenos maiores. En canto xurdiu a idea non podía deixar de pensar nos beneficios de poder xuntar nunha "macroilustración" mundos pequenos, portas pequenas feitas entre todos dos contos que cada un quixera, nenos e maiores e todo tipo de contos, todo tipo de temas.

Logo falei con Zoraida, a orientadora do cole, xa que tiña máis confianza con ela e non lle pareceu tanta loucura como eu pensaba que lle parecería. Todo un alivio, tendo en conta que Zoraida é psicóloga.

Ela falou con Paco, o director, logo Paco e máis eu falamos máis en serio do proxecto. Aproveito aquí para felicitar a este home que se ilusiona con cousas como esta, e que dirixe, penso, tan, pero que tan ben.

Paco pensou que o mellor sitio para facer o mural sería non no lugar onde agora está a Biblioteca do centro (na parte nova) senón onde estará próximamente a verdadeira Biblioteca, aquí na entrada do cole.

A proposta levouse ao Consello Escolar e foi aprobada. Dalí a pouco comezamos a traballar, e o demáis xa o sabedes.

Os bocetos e a idea da que parte todo é moi sinxela: que os libros saian para fóra da nova biblioteca, e por iso chámase máxica, porque quedan aí colgados, nas paredes e subindo para arriba. Libros e máis libros feitos dalgunha maneira non só por min, senon entre todos.

O traballo divídese en dúas fases:
  1. Desde Marzo até o Verán: corredor, no que serán os muros da Biblioteca no futuro.
  2. Verán: escaleiras.
Esta división do traballo fíxose para estorbar o menos posíbel a vida cotiá do colexio. De feito buscamos un andamio con rodas precisamente para entorpecer o menos posíbel o paso das ringleiras de nenos. A andaimada da escaleira, a que será máis complicada e aparatosa montaráse por iso durante as vacacións. E decidimos facer a primeira fase durante o horario escolar para que este traballo puidera ser aproveitado polos mestres e mestras nas súas programacións, se así o desexaban.

Para o curso que ven xa non molestará o andamio nin eu, pero neste colexio que ten tanta historia ás súas costas haberá algo único: unha Biblioteca pintada que rebosa libros feitos por todos nós!

Un pedaciño de tea

Onte, no fondo da miña carteira encontrei un pedaciño de tea. Este:


Un pouco machacado e sucio, xa despois de levar tanto tempo aí esquecido.

É curioso porque fíxome lembrar de onde saiu a Biblioteca Máxica. Agora que xa casi rematamos a primeira fase do mural. Este trapiño era unha mostra que tiña para saber a cor que me gustaba para o fondo da parte central do mural.

E aquí acabou ese trapiño, no fondo da miña carteira, aínda que serviu tanto para min. Que desconsiderada! Discúlpame, trapiño, é que con tantas cousas que hai no mundo, ás veces un non lembra de onde parten as cousas.

Non fagades caso disto último.

mércores, 20 de maio de 2009

Novidades, 2009-05-20

Peixes abisais, "El Libro de la Caca", letras chinas do libro de Yun Hui, unha serea, un libro sobre bichos e finalmente, os Ryman Rabbids, que quizá dentro duns anos algún dos nenos de hoxe explique aos seus fillos o que eran...

Aquí, todo.
http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShPQU9Vf4cI/AAAAAAAAFFs/lAGKHTaw3No/abm003060.jpghttp://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShPQbjv9VxI/AAAAAAAAFF0/tOjvdy0-TcE/abm003080.jpghttp://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShPQl5lyP1I/AAAAAAAAFGA/8BBGqGR_sLE/abm003110.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShPQqHkSNRI/AAAAAAAAFGE/jBddDUwnJ0o/abm003120.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShPQX2WjGpI/AAAAAAAAFFw/XovupOVoSlE/abm003070.jpg

martes, 19 de maio de 2009

Novo Xogo da Biblioteca Máxica, dirixido a PROFES!

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sgi2-zALYUI/AAAAAAAAEls/GO0OtvT84UE/s720/abm000830.jpg
Despois dos dous primeiros xogos ou concursos da Biblioteca Máxica, que foron dirixidos, primeiro aos nenos e logo aos pais, tócalle o turno agora aos/ás PROFES!

A pregunta é moi sinxela:

Que lle di a cor vermella ás outras cores?

O mellor é que podedes xogar tanto mirando as fotos do mural en Internet como ollando para os debuxos reais da Biblioteca Máxica no cole.

Animádevos, porque como sempre, haberá un libro de regalo para quen gañe.

Por outra parte Zongalo Quirico quere lembrarvos aos/ás profes que aínda segue aberto o xogo "Contos con Arte" que se convocou hai uns meses, cando empezou isto da Biblioteca Máxica. Con este xogo os vosos alumnos e alumnas poden escribir unha historia que:
  1. Ficará inmortalizada nos muros do colexio, na escaleira, cando se execute a 2ª etapa da Biblioteca Máxica (no verán).
  2. Os seus contos "estarán ilustrados" por algunha das mellores obras de arte de toda a Historia: Bisontes de Altamira, Murais do Exipto antigo, Giotto, Quinten Massys, Caravaggio, Goya, Mary Cassat, Picasso e Lucian Freud! Aí queda iso!
Como participar? Aquí toda a información.

Novos aportes, 2009-05-18

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHLMmXXN5I/AAAAAAAAE_Y/q0SpZ-3z1oE/abm002760.jpgEste conto tróuxoo Alicia Portas, de 5ºB. Ten o seu estilo manga, tan característico nela. E o reservo para a parede da escaleira. Outro debuxo de nenas e gatos, tamén de Alicia, e un debuxo dos famosos RAYMAN RAVING, tan queridos polo nenos.

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdUJ8V-4I/AAAAAAAAFDc/WjBvW4OrQTI/abm002870.jpghttp://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdWnYQ2gI/AAAAAAAAFDg/PPKbMl5O0LE/abm002880.jpg
Unha bonequiña con gato da miña Rosalía e un debuxo de cabalos e nenos.
http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdZGz8W3I/AAAAAAAAFDk/RnZHAiyn0hg/abm002890.jpghttp://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdb3qmjBI/AAAAAAAAFDo/XHQCYzq_EMM/abm002900.jpg
Dous contos de Marcos (5ºB) con ilustracións, moi chulos.
http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdeZuzRFI/AAAAAAAAFDs/qKC8oh2Xs_A/abm002910.jpghttp://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdf_zAXtI/AAAAAAAAFDw/5J-YRzJvJoM/abm002920.jpg
Silvia, de 6ºB, trouxo 2 follas con debuxos que segundo di son inventados por ela, moi graciosos.
http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdhsZrsII/AAAAAAAAFD0/1qrNIkFwem0/abm002930.jpghttp://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdjV4ZBxI/AAAAAAAAFD4/BIPmyoic_7Q/abm002940.jpg
Tamén, de 6ºB unha posta de sol, de Xela e Silvia.
http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdkwddk6I/AAAAAAAAFD8/0IVVRpquP3g/abm002950.jpg
E 4 libros que usan os máis pequenos e que me emprestou Esther, que sempre me empresta contos ben lindos:
  1. Tener amigos es divertido
  2. Te quiero, niña bonita
  3. ¿Seguro que crecerá?
  4. Tito busca nariz (segundo parece, moi usado polos máis pequenos en Alternativa)
http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdmzp9q8I/AAAAAAAAFEA/3JZeHrbSG70/abm002960.jpghttp://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdouhM8YI/AAAAAAAAFEE/RzfXPKscTbM/abm002970.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdq_cZJsI/AAAAAAAAFEI/OaDbR2NdddQ/abm002980.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdsO-szHI/AAAAAAAAFEM/QAyQmCfTPDs/abm002990.jpg

Finalmente, estes dous libriños noutros idiomas, que como sabedes son para representar tamén a todos os nenos que veñen doutros países:
  • Cuca conseguiume un libro en chinés. Ao parecer, necesitouse dun intérprete para chegar a explicar o que necesitábamos. A Cuca, e ao pai de Yun Hui doulles as grazas.
  • E este libriño de O Principiño, pero en árabe, menuda maravilla! Grazas, Lorena, por facilitar tanto o traballo.
http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHduGAK-gI/AAAAAAAAFEQ/KDNgYmm3m_4/abm003000.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShHdvQWPHNI/AAAAAAAAFEU/wvoJahaJOvA/abm003010.jpg

Este enlace lévanos ás fotos destes aportes.

luns, 18 de maio de 2009

Contos con Arte - 3ºA

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sgi0vsnm4SI/AAAAAAAAEg0/WHRg7PVE960/abm000090.jpgEu pensaba que aquela proposta que fixera hai meses de que cada curso fixera algo, debuxos, contos, poesía, etc, a partir dunha imaxe dun período da historia da arte xa estaba esquecida. Pero, parece que algúns cursos si a tiveron en conta. Esta semana veu Laly, profesora de 3ºA á Biblioteca Máxica e entregoume dúas historias baseadas no gravado de Goya "Brabísimo".

Ela seleccionou dous textos que son preciosos, para que eu escollera o definitivo, pero xa que traballaron tan ben penso que os dous merecen ser inmortalizados no mural.

Os demais grupos e cursos tamén están a tempo de traer historias sobre a imaxe que lles toque, para participar neste xogo. A parte dos "Contos con arte" aínda será engadida no verán, na 2ª fase do mural.
http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShG7l7AHpHI/AAAAAAAAE_Q/VDfi_8FDhkg/abm002740.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/ShG7or6y4jI/AAAAAAAAE_U/c4i-6q6QhGM/abm002750.jpg
Pode parecer que este xogo é máis traballoso do que en realidade é. Todo depende de como se plantexe. Vai compensar ver os traballos dos nenos postos na parede, animádevos!

A propósito, moitas grazas, Laly.

Nota: por se queredes refrescar a memoria sobre o xogo proposto para todos os cursos do cole, aquí tedes as instruccións sobre como participar.

venres, 15 de maio de 2009

Libros noutros idiomas

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sg1ki-hr0jI/AAAAAAAAE7Y/LX30K2HjYp4/IMG_00560.JPG

Xa que neste cole temos a sorte de convivir con xente de distintas nacionalidades, pensei que estaría ben incluír libros na Biblioteca Máxica de todos estes países. Eu coñezo nenos de China, Marrocos, Venezuela, Brasil, outros países de sudamérica...

Que tal se me facilitades algún libro noutros idiomas? Sería como un regalo para eles e para nós.

Se eres doutro país ou coñeces algún neno que o sexa, por que non llo dis?

martes, 12 de maio de 2009

Os libros de Margarita

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sgleg6tGTTI/AAAAAAAAE3I/DQ7s-sIeXqI/abm002460.jpgHai dúas semanas, Margarita, alumna da Escola Aberta de Arte, que codirixo, trouxo ao cole esta mochila de tesouros: un feixe de libros infantís, dela e das súas nenas, que levo todo este tempo mirando con agarimo.

Agora teño que buscar un sitio aos que quero poñer, porque xa van quedando poucos ocos!
http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sgleg1_GxZI/AAAAAAAAE3I/N_tlV0CxwTU/abm002455.jpg

Galería con TODAS AS FOTOS da Biblioteca Máxica

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sglc6Eu0ioI/AAAAAAAAE2s/mQPoKFZfKXs/abm000022.jpg
Nestes tres meses de traballo no mural houbo moito traballo. Sobre todo traballo de pintura, tanto de brocha grosa como fina... pero tamén os aportes dos nenos e maiores: historias, debuxos, libros recomendados...

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sglc6KwD8EI/AAAAAAAAE2s/oyYMHjDa5zI/abm000940.jpg

Estes días xuntamos nun só lugar todo o traballo feito ata agora... ben, en realidade non todo o traballo, porque Carmen vai todos os días alí a mañá enteira. Pero sí todas as fotos que temos deste traballo.

Aquí están as tres galerías:

  1. A Biblioteca Máxica - TODO
    (Galería con TODO o da Biblioteca Máxica)

  2. A Biblioteca Máxica - proceso
    (Galería con fotos só do traballo do mural "A Biblioteca Máxica")

  3. A Biblioteca Máxica - aportes
    (Galeria con fotos só dos aportes para a Biblioteca Máxica dos nenos e adultos)



Aquí unha presentación da primeira:



venres, 8 de maio de 2009

Xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SgldKVLMSwI/AAAAAAAAE20/jm0HVsyXHXA/abm002470.jpg
Hoxe, aínda que con moito retraso, comunicámosvos que xa hai gañadora para o concurso da Biblioteca Máxica adicado aos pais. É a nai de Alicia, de 5º B. Como dato curioso, teño que vos explicar que deu coa resposta correcta desde a súa casa, grazas ás fotos presentes neste blogue e nas galerías de Picasa sobre o mural.

Así que xa foi atopada a "Cynara Cardunculus".

Sempre procuramos que as fotos coa resposta das preguntas do mural estean en Internet, precisamente para que sexa posíbel participar por Internet.

Tras unha conversa cunha nai, que entendera mal de que ia todo isto, quixera lembrar que os concursos que facemos na Biblioteca Máxica, dirixidos alternativamente a nenos, pais e profes, están pensados para estimular a ver o contido -sobre todo o máis miúdo- da Biblioteca e de paso xogar e ver libros. Serven para achegarse e talvez animar tanto a nenos como adultos a participar en construír este grande proxecto, tanto véndo o mural como debuxando, escribindo, ou simplemente dando ideas. Quixera tamén lembrar que o mural e o anticipo do que será a nova biblioteca do CEIP Recimil, que vai ser unha referencia central na actividade do centro cando sexa trasladada á súa ubicación definitiva.

Habería que aclarar, quizá, tamén, que os libros aparecen en diversos idiomas. Tal como son os propios libros das bibliotecas reais. Hai libros en galego, castelán, inglés, mesmo porei algún en chino, en árabe, en francés... porque eu vou pintando libros que van traéndome, libros que queremos todos ou que facemos entre todos e por iso hai variedade. Por outra banda, os libros que están en galego normalmente son os que eu decido.

Por outra parte, volvendo ao tema dos concursos, os premios en sí son o de menos. Aínda que se trate de libros ou cousas relacionadas coas bibliotecas. O importante nos concursos non é gañar, é xogar e divertirse. Se iso non se consegue, deixamos de facelos e en paz.

O vindeiro concurso será para os profesores e profesoras do centro. E como sempre, gañará quen atope primeiro o debuxo misterioso.

luns, 4 de maio de 2009

Aportes de hoxe (04-05-2009) e da semana pasada

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sf75x19i6HI/AAAAAAAAEAQ/zFzhiN7mBus/IMG_0683.JPG
Tráiovos hoxe este resumo do que foi a actividade de Carmen Martín hoxe e na semana pasada, por desgraza non tiven moito tempo para subir as fotos.

Desta vez foron integrados no mural un libro con ilustracións de Hundertwasser, un gran artista austríaco do século XX, que ten moita pintura que parece marabillosa ilustración. Novos contos, un debuxo de José, de 4 anos e que vai con Cuca, novos cantos con frases estupendas enviadas unhas e escollidas por Carmen outras, novos contos como "El Gallo que no sabía cantar" do que falou Carmen hai pouco, o Soldadiño de Chumbo, prantas e escenas mariñas, medievais algunhas, fábulas...

Aquí o enlace da galería e unha presentación on-line a continuación:



Os nenos de 5ºB

Gracias, María (a profe) e amigos de 5ºB por escribir no blog, por traer libros, por debuxar, por ser...
COMERÍAVOS!

Mellor non, que quedaría sen vós!

Os nenos de Esther

El gallo que no sabía cantarOs nenos de 4 anos, os de Esther, o outro día faláronme dun conto que a eles gústalles moito e agora que o teño aquí dígovos que é lindo, lindo case coma eles.

Chámase "El Gallo que no sabía cantar" e xa ten o seu sitio tamén na vosa Biblioteca Máxica.

Ai! cantos contos bonitos!

Día da Nai

Que tal o Día da Nai?

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sf67HXfFIkI/AAAAAAAAD88/Gtbb6Owb-ss/imagen.jpgPregúntoo máis ben porque quería chulearme do meu regalo. Como xa sabedes que eu son nai, e gústanme moito os libros, tiven un regalo precioso.

É un libro titulado "Obras maestras de la iluminación. Los manusctitos más bellos del mundo desde el año 400 al 1600"

Xa outro día contáravos o que me gusta a ilustración medieval, que está, para o meu gusto, chea de tesouros. Creo que despois do que eles fixeron xa nada hai por facer.

Isto dígoo, claro, coa boca pequena, froito da miña admiración cara estas ilustracións antigas.