Fina, animoume moito a túa carta, e máis aínda porque non estaba certa de que os profesores fixesen súa esta iniciativa tan axiña.
O que propós paréceme moi interesante e quero que saibas que por suposto que a terei en conta, xa que a Biblioteca Máxica é un lugar no que ler o que a todos os do colexio nos gusta: nenos, profes e pais. Como ben dis, quere ser un proxecto conxunto do centro.
Nesta semana xa comezarei a pintar cousas máis concretas. O contido do mural xa está moi madurado, sobre todo a distribución dos libros pintados.
Na escaleira irán ademais dos libros sobre arte outras moitas cousas. Este é, resumindo, o plan reitor do proxecto:
Muro da Biblioteca (1ª fase):
De novo quero darte as grazas, Fina, por facer unha proposta tan túa, e tamén tan interesante e chea de ilusión. Isto vaise animando...

- Contos populares, infantís, xuvenís...
- Coñecemento do medio
- Matemáticas
- Idiomas (galego, español, inglés, francés...)
- Música
- Ximnasia (deportes)
- Arte (arquitectura, pintura, escultura...)
- o Magosto
- o Samaín
- o Nadal
- o Entroido
- a Primavera,
- etc...
De novo quero darte as grazas, Fina, por facer unha proposta tan túa, e tamén tan interesante e chea de ilusión. Isto vaise animando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario