sábado, 27 de maio de 2017

Rubicundo

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o alumnado de 3º de EP, asistimos ao Teatro Jofre convidados polo Concello de Ferrol  a ver una representación teatral de “Rubicundo”, novela escrita por María Canosa e finalista premio Merlín de Literatura Infantil 2014.
Trata das peripecias dunha nena chamada Erea, que salta polas noites da cama cando sente o renxer dunha bicicleta na que sae o seu enigmático veciño Rubicundo, co seu traxe e sombreiro de copa, para desempeñar o seu insólito oficio: cosedor de ventos. 

Resultounos moi divertida, e ao remate da representación puidemos falar cos personaxes e  retratarnos con eles!!!!!
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_X0dMeWl6SktmR0k
 Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal

martes, 16 de maio de 2017

Novidades maio


Presentamos novos libros na biblioteca para idades de 6, 8, 10 e 12 anos de edebé:

- El fantasma de la escuela e La vaca Enriqueta esquía en Valcorneta para nenos/as de 6 anos.

- Viaje a Dragonia para 8 anos.



- La casa del Pánico e ¡Abracadabra,cuidado con mi cabra!  para 10 anos.
 
- Intriga en el castillo de Burton para máis de 12 anos. 

luns, 15 de maio de 2017

Gloria Fuertes


    Este ano 2017 conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1.917-1.998), escritora madrileña que destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil.

    No Día do Libro colocouse no corredor da biblioteca unha exposición con obras desta autora nunha mesa e con poesías na parede.
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_M0IxNWVacTQ5NFk
Na nosa biblioteca contamos cos seguintes títulos que vos recomendamos:

- El Gran Libro de los Animales

- Profesiones de ayer y de hoy

- Las adivinanzas de Gloria Fuertes

- Los buenos salvajes

- ¡Qué patas tiene el tiempo!

- Las preguntas y respuestas de Gloria

venres, 12 de maio de 2017

Día do Libro (2017)

  O día 21 de Abril celebramos o Día do Libro cunhas lecturas de poesías de Gloria Fuertes que alumnado de 6º de Primaria levou a cabo nas aulas durante a Hora de Ler. 

Premer na seguinte imaxe para ver as fotos publicadas na galería da páxina web.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=413

 

xoves, 11 de maio de 2017

Entrega de carnés e marcadores - 5ºEI


Xa temos novos lectores na biblioteca!
Zongalo Quirico dalles a benvida aos nenos e nenas de 4 anos, xa que desde o mes de marzo contan co seu carné da biblioteca e tamén co correspondente marcador.
 
https://drive.google.com/open?id=0B1aHfCqoF7-_S3ZGNzhveEF5dDg

Premer na imaxe para vela no seu tamaño orixinal.