venres, 13 de febreiro de 2009

A Biblioteca Máxica - Primeiras aportacións

O proxecto da Biblioteca Máxica está en marcha. E non só porque tanto o colexio como a artista Carmen Martín principien o traballo, senón porque xa hai nenos que comezan a animarse a facer contos e ilustracións! Aquí tedes as primeiras aportacións dos nenos:

José, 4 anos. Ed. Infantil, amante do mundo submarino. Traenos dous debuxos, feitos na aula, cos animais mariños de hai millóns de anos (antes de que existiramos os seres humanos) e o mar actual:


Rosalía, 10 anos. 5º B. A nena dos gatos. Preséntanos un conto titulado "O meu hamster rodeado de gatos", sobre os animais que ela ten.


E aquí temos un conto de Alicia, 10 anos. 5º B, que realmente si parece Alicia no país das Marabillas, por este marabilloso conto do seu mundo e o das súas amigas.