mércores, 14 de decembro de 2011

As propostas lectoras de Zongalo Quirico para este Nadal



Zongalo Quirico presenta unhas lecturas moi divertidas. Se queredes vivir aventuras nestas vacacións de Nadal, só tedes que elexir algúns destes libros.
Boas festas e feliz ano 2012.
O voso galo.
ZQ.

domingo, 13 de novembro de 2011

Entrega de carnets e marcapáxinas ao alumnado de 5º curso de Educación Infantil


Aquí tedes unha mostra dos momentos de entrega de carnets e marcapáxinas aos nov@s usuari@s da biblioteca de Zongalo.

xoves, 20 de outubro de 2011

Ola raparig@s: estou novamente con todos vós co gallo do inicio do presente curso escolar para dicirvos que agardo a vosa visita xa que teño libros moi...pero que moi... interesantes na miña biblioteca. Aproveito para dicirvos que o horario de empréstito pecharase 5 minutiños antes de que soe a sirea de fin do recreo.

Sen máis, despídese o voso galo.


Moi boas lecturas!!!

martes, 21 de xuño de 2011

GUÍA FERROL

O pasado venres e o luns os rapaces e rapazas de terceiro ciclo saíron polas rúas de Ferrol. En grupiños pequenos tiñan que completar unhas preguntiñas nunha guía sobre Ferrol. Como foi esa saída? Só tedes que mirar estas imaxes.

CONTACONTOS

O pasado venres tivemos con nós ao contacontos Inacio. Os raparigos e raparigas de 2º curso de Educación Primaria estiveron a rir coas fantásticas aventuras que o contacontos lles ía contando. Aquí tedes unha mostra.

mércores, 8 de xuño de 2011

TRÍPTICO VERÁN

Zongalo Quirico presenta as súas recomendacións de lectura. Se queredes vivir grandes aventuras, abride o tríptico e.........A LER.

venres, 15 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Hoxe,no noso cole, foi un día moi especial. Celebramos o Día do Libro. Como?

Durante varias semanas estivemos a facer un libro viaxeiro. Comezamos cos rapaces e rapazas de 3 anos e rematamos cos máis maiores. Para ver todo o traballo rematado saimos ao patio, fomos lendo por cursos todo o libro, colocamos cada páxina nun expositor e logo cantamos a canción UN MILLÓN DE AMIGOS.

Tamén, Zongalo Quirico, agasallou aos premiados da actividade das fotos de Ferrol agochadas en diferentes libros.

Se queredes ver como foron eses momentos, aquí tedes unha mostra.




martes, 5 de abril de 2011

FEIRA DO LIBRO USADO

Esta semana, na nosa biblioteca, estamos coa feira do libro usado. Os raparigos e raparigas están a trocar libros e revistas. Está a ser todo un éxito.
Saudiños e boas lecturas.



martes, 29 de marzo de 2011

TERESA GONZÁLEZ COSTA

Os raparigos e raparigas de 3º ciclo estiveron a ler o libro A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa. Zongalo Quirico tivo un agasallo para todos e todas. Que agasallo foi? Pois a visita da escritora. Onte, 28 de Marzo, Teresa fíxonos que o día foise moi especial, non só respondendo ás preguntas que o alumnado tiñan preparadas, senón tamén por esas rubricas que deixou en todos os seus libros. Moitas grazas TERESA.

luns, 21 de marzo de 2011

CONTACONTOS RECIMIL


Hoxe e o venres, 18 de Marzo, na nosa biblioteca, houbo uns contacontos do noso colexio. As nosas alumnas Milena e Jennifer de 5ºA estiveron a contar un conto aos nenos e nenas de 1ºA e 1ºB. Aquí tedes a imaxe de dito conto e tamén como foron eses momentos. Zongalo Quirico da as grazas a estas raparigas tan pero que tan simpáticas.

venres, 18 de marzo de 2011

VIOLETA MONREAL



Outra visita na nosa biblioteca. Zongalo Quirico estivo coa escritora e ilustradora, VIOLETA MONREAL. Os raparigos e raparigas de 2º ciclo non só leron e fixeron preguntas dos seus libros de Pamela Panamá, senón que aprenderon como duns papeis se poden facer cousas marabillosas. Alí estaba VIOLETA para ensinarnos.

Moitas grazas por eses momentos tan estupendos que pasamos o mércores, 16 de Marzo.

CONTACONTOS MARIO TOMÁS

Mércores, 16 de Marzo, na nosa biblioteca tivemos a visita do contacontos, MARIO TOMÁS, para os raparigos e raparigas de 3,4 e 5 anos.Que ben o pasaron! Como se riron! Aquí tedes unha mostra deses fantásticos momentos.

martes, 15 de febreiro de 2011

BREC


Un día máis, o grupo do BREC estivemos a comentar o libro Palabras de Caramelo. Fixemos un concurso e Zongalo Quirico deunos un agasallo.
Aquí estamos este grupiño tan pero que tan especial.

mércores, 2 de febreiro de 2011

BREC


Un curso máis, damos comezo ao clube de lectura. Este ano temos caras novas e outras que xa marcharon. Que mágoa!
Zongalo Quirico, propuxo a lectura do libro do escritor Gonzalo Moure "PALABRAS DE CARAMELO".
O día 15 de Febreiro teremos a segunda xuntanza para comentar e facer crítica das páxinas que foron marcadas para ler.
Quen será................ CARAMELO?

xoves, 20 de xaneiro de 2011

DESPISTADO ZONGALO QUIRICO

Nas vacacións de Nadal, Zongalo Quirico, estivo a ler moitos libros da súa biblioteca. Nalgúns deses libros deixou olvidadas algunhas fotografías. Que despistado!!!!!! Non se lembra en que libros as deixou. A vosa mascota necesita a vosa axuda para atopar ditas fotos. Se sodes capaces de atopalas......... un agasallo recibirides.

ÁNIMO E A INVESTIGAR.
Zongalo Quirico di:
AXUDA, POR FAVOR!!!!!!!!!!!!!!!!

xoves, 13 de xaneiro de 2011

CONCURSO FOTOGRAFÍAS


Se mirades ao lado da porta da biblioteca, Zongalo Quirico, montou unha exposición con todas as fotos de Ferrol mandadas no primeiro trimestre. De todas as fotos, algunhas foron premiadas. Imos ver cales son:


Premio para CLARA MIRANDA ANEIROS ( fotos nº 7 e 9).
Premio para BEATRIZ CASAL PREGO ( foto nº 10).
Premio para ESPERANZA MENÉNDEZ BERNAL ( foto nº 21).
Premio para CAROLINA REY NOGUEIRA ( fotos nº 36 e 39).
Premio para ESTRELLA Mª MILLOR PERMUY ( fotos nº 42, 44 e 48).
Premio para FÁTIMA PÉREZ GONZÁLEZ ( foto nº 84).
Premio para ALEJANDRO FERNÁNDEZ BELLAS ( foto nº 109).




NORABOA A TOD@S!!!!!!!!!!!