venres, 31 de xullo de 2009

Segunda fase da Biblioteca Máxica

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj-j-9z3IKBOHWWsTjly1M94q9b3ft-C3I12zl2jNRdJ-0Pw_4WrcLZ7dAs1qAfQo3EnvWHcAvWetNqH_b8zSyiBtExG8eilhlf6WGEme0IDzflIQZ43jz74zFdFQoZSZv54-MwZl3PL4E/s512/IMG_2422.JPGDurante este mes de xullo, Carmen Martín non colleu vacacións: Pintura en Acción en Riazor, varias saídas máis a pintar... e tamén o comezo dos traballos da Segunda Fase do gran mural da biblioteca nova do CEIP "Recimil".

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiqh-Tsi-kOpeP3FcJliBU6wYiIw5TFYcb5rH-kAT-ltQdqwZQWvg33v3u_LMi092AoO4JOs4_7gz6LYmYGd-EOzrX8NdeDyjaLAI3WYXBTBmxP9F2qNA8-_EOGtL83hBbEPFRsRkMF6SA/s512/abm200020.jpgÉ dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGEz0hra9lpMisWgoauU4vKEpW6TZ_68xNeSinrwG5jaPJC7P3vfaguP_OSTuvAKfCa9NCQawxg4A-J63SlNG-zK7gI11kZ9PQmG-4zt05f-5LaMzmd6FJqsvo4XF7eypYhyRzm2uzMvM/s512/abm200220.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivgt-o6iQYj8eQNnihB7S_PFp1gUv3tDyTJog2dO806UTVVjUTLl9quJrlz4D-9k3MdTIOXyY8bOloxAndxznLZibGYjefTJ3xJWySdT9ZWi5CWY2TLxmsrnf1l1hDPCB7lDHrS31Z-4I/s512/abm200200.jpg

O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.

O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHq9_yYgNVEUvqmShh9KQzw7tkR4iBcmpb4y4UnsoQz9Z_rRWGOsHQiZ8pJvf5KqMikehZYbNgzaCAjujurzX2HilYh1EfQfapgW53RElB-xh-v69k8KLnCpwzVe1IWEAFo6gW_u2ZwC8/s640/abm200210.jpgLogo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo.

Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.

E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGMgdF8I8MkMIrk4sItDWQ2VikOACI8RJqcbLhF5WmCAp7fhL_Ke3jqDfeNjZ3psR4bsFV27p5RoxTW7VJKHcjB2ZJVJpaHATSLBpVIEEnzTdynPUSmcsYfQjE_aiKEqjl2iP5JiMuNvk/s640/abm200190.jpgLogo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.

Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.

Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.

luns, 6 de xullo de 2009

A Biblioteca Máxica (II)

Xa está preparada a andamiaxe da escaleira, e eu esta semana comezarei a ir ao cole a pintar, iniciando así a segunda fase do mural.

...Primeiro os fondos, claro.