Tal e como dispuxo o noso Zongalo Quirico, o martes 5 de febreiro tivo lugar a presentación da Biblioteca ao alumnado de 3 anos, con entrega de marcapáxinas e de carnets. Benvidos á Biblioteca de Zongalo Quirico!
O alumnado de 3º curso de Educación Primaria representaron aos nenos e nenas de 3 anos o conto EL POLLO PEPE. Aquí tedes unhas imaxes dos momentos marabillosos que pasamos xuntos.
Para rematar,Zongalo Quirico,estivo a representar dous contos co alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria.Os contos lidos foron:
- El Pollo Pepe.
- Lobo Feroz.
Hoxe celebramos o dia do libro facendo alusión ao 175 aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. Aquí tedes unhas imaxes de todas as actividades que fixemos nese día tan especial.
Zongalo Quirico presenta unhas lecturas moi divertidas. Se queredes vivir aventuras nestas vacacións de Nadal, só tedes que elexir algúns destes libros. Boas festas e feliz ano 2012. O voso galo. ZQ.