venres, 31 de xullo de 2009

Segunda fase da Biblioteca Máxica

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj-j-9z3IKBOHWWsTjly1M94q9b3ft-C3I12zl2jNRdJ-0Pw_4WrcLZ7dAs1qAfQo3EnvWHcAvWetNqH_b8zSyiBtExG8eilhlf6WGEme0IDzflIQZ43jz74zFdFQoZSZv54-MwZl3PL4E/s512/IMG_2422.JPGDurante este mes de xullo, Carmen Martín non colleu vacacións: Pintura en Acción en Riazor, varias saídas máis a pintar... e tamén o comezo dos traballos da Segunda Fase do gran mural da biblioteca nova do CEIP "Recimil".

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiqh-Tsi-kOpeP3FcJliBU6wYiIw5TFYcb5rH-kAT-ltQdqwZQWvg33v3u_LMi092AoO4JOs4_7gz6LYmYGd-EOzrX8NdeDyjaLAI3WYXBTBmxP9F2qNA8-_EOGtL83hBbEPFRsRkMF6SA/s512/abm200020.jpgÉ dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgGEz0hra9lpMisWgoauU4vKEpW6TZ_68xNeSinrwG5jaPJC7P3vfaguP_OSTuvAKfCa9NCQawxg4A-J63SlNG-zK7gI11kZ9PQmG-4zt05f-5LaMzmd6FJqsvo4XF7eypYhyRzm2uzMvM/s512/abm200220.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEivgt-o6iQYj8eQNnihB7S_PFp1gUv3tDyTJog2dO806UTVVjUTLl9quJrlz4D-9k3MdTIOXyY8bOloxAndxznLZibGYjefTJ3xJWySdT9ZWi5CWY2TLxmsrnf1l1hDPCB7lDHrS31Z-4I/s512/abm200200.jpg

O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.

O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHq9_yYgNVEUvqmShh9KQzw7tkR4iBcmpb4y4UnsoQz9Z_rRWGOsHQiZ8pJvf5KqMikehZYbNgzaCAjujurzX2HilYh1EfQfapgW53RElB-xh-v69k8KLnCpwzVe1IWEAFo6gW_u2ZwC8/s640/abm200210.jpgLogo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo.

Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.

E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjGMgdF8I8MkMIrk4sItDWQ2VikOACI8RJqcbLhF5WmCAp7fhL_Ke3jqDfeNjZ3psR4bsFV27p5RoxTW7VJKHcjB2ZJVJpaHATSLBpVIEEnzTdynPUSmcsYfQjE_aiKEqjl2iP5JiMuNvk/s640/abm200190.jpgLogo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.

Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.

Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.

luns, 6 de xullo de 2009

A Biblioteca Máxica (II)

Xa está preparada a andamiaxe da escaleira, e eu esta semana comezarei a ir ao cole a pintar, iniciando así a segunda fase do mural.

...Primeiro os fondos, claro.


xoves, 25 de xuño de 2009

Lecturas para o verán

Aquí tedes unha selección de libros que podedes ler durante as vacacións de verán. Para escollelos contei, coma sempre, coa colaboración do equipo de Biblioteca e do equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. BOAS LECTURAS e ata setembro ... na nova BIBLIOTECA!

xoves, 18 de xuño de 2009

Calvin quere beber

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjMFcbTBLiy9y5xcqb_QNH1p4NHxIYqpAqw9DCFclT-lwi0gFt2A35N-VkP6aCPncwVcQo663KF6X083xr7MZMMXknKH2joe0dsd4KDgyaxToppAiiN8hVDYqLT20BFzRr_rBi3ckRHkQs/Xa temos gañadora do concurso, o último do curso, para os profes. É Ana, de Ximnasia, que segundo ela mesma contou, percorreu todo o mural de punta a punta. Cando xa o daba por imposíbel reparou no cómic de Calvin e Hobbes que está no arranque da escaleira e viu a Calvin saíndo do colexio para beber auga na súa casa, ante a súa nai estupefacta.

Moitas felicidades!


mércores, 17 de xuño de 2009

Alicia atopou o chupete

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhsFtFtYdnEnW_eFTrIYQ-r09qhadWNV2fHs-MIrHK3m9qBFJDFL2Hxpzwkh-Y7qkllsQFJdg3U5WAhdwFoYprFNPOsI0Oc65p1lLLqGV9QX97KCVsh1j4xCnRHmhf8bVfhDLaGmx-2oS4/Tódolos días chegan nenos á Biblioteca Máxica na hora do recreo. Cada vez achéganse máis, uns pedindo que lles faga un debuxiño na man, outros para charlar un pouco comigo, outros para mirar, outros non sei para que... O caso é que os nenos deste cole son moi divertidos. Está mal que eu o diga, xa que tamén os meus filliños van a este cole, pero sempre que estou cos nenos "ao mogollón" sinto que son ben educados.

Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.

Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora...  Tachán!...

ALICIA, de 5ºB.

Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!

Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).

venres, 12 de xuño de 2009

Concurso para profes e... propina!

Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2bachillerato/biomol/imagenes/agua/agua.jpgO primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
Quen quere beber auga?

http://www.farmacia-morlan.com/images/micarpeta/266924V_Suavinex_ChupeConfo.jpgE como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Onde hai un chupete?

Sorte!



xoves, 11 de xuño de 2009

Xa hai (nai)... gañadora

Hoxe chegoume por correo electrónico unha mensaxe da mai de Sabela, de 1ºB:
Son a nai de Sabela de 1ºB e penso que a cita e:

"Podrían engendrarse hijos educados si lo fuesen sus padres".

A frase é de Goethe e está xusto no estremo da Biblioteca Máxica que ten fondo azul e tema espacial.

¡Moitas felicidades!