luns, 20 de decembro de 2010

RECOMENDACIÓNS NADAL

Para rematar o trimestre, Zongalo Quirico, quere deixar unhas boas pero que moi boas lecturas. Entrade nelas e estade preparados e preparadas para un mundo MÁXICO cheo de aventuras.

BO NADAL!!!!!!!!!.


venres, 10 de decembro de 2010

FOTOS E MÁIS FOTOS

Aquí tedes algúns deses momentos de contacontos e dos nosos e nosas BRUXOS E BRUXAS.

martes, 30 de novembro de 2010

CONTACONTOS E BRUXAS E BRUXOS

Dende o pasado venres, na biblioteca os rapaces e rapazas de quinto están a contar contos aos máis pequerrechos. Estes son os contos:
- 3 anos: O lobo e os sete cabritos.
- 4 anos: O libro da selva.
- 5 anos: Os Bolechas teñen unha curmá.
- 1º: O lobo Florindo.
Esta actividade durará ata as vacacións.
Moi pronto teredes fotos destes momentos tan máxicos.

Zongalo Quirico avisa da existencia na súa biblioteca duns bruxos e bruxas. Tede coidado con eles e con elas xa que son capaces de botarnos un meigallo.

QUE MEDO!!!!!!!!!!!!!!!!!

mércores, 3 de novembro de 2010

CARNET DE LECTOR OU LECTORA

O pasado xoves, os rapaces e rapazas de 4 anos, foron visitar a Zongalo Quirico á biblioteca. Alí, a súa secretaria, explicoulles como se utilizaba unha biblioteca. Pero a sorpresa veu ao final. O noso galo, Zongalo Quirico tiña uns agasallos para todos nós. Entregounos un marcapáxinas e o máis importante, un carnet de lector/a. Agora xa somos grandiños, e con ese carnet xa podemos levar empréstitos da biblioteca. Canto nos tardaba............
Zongalo Quirico agarda a vosa visita.
Saudiños e boas lecturas.

RECITADO POESÍAS

O mércores, 27 de Outubro, un grupiño de 2ºA, 2ºB, 2ºC, 3ºA, 3ºB, 4ºB, 5ºA e 5ºB, foron recitar poesías de Carvalho Calero á capela do Centro Torrente Ballester.
O voso galo, Zongalo Quirico, está moi contento e abraiado. Que fantásticos poetas e poetisas temos no noso cole!!!!!!!! Moi pronto teredes unhas fotos destes momentos tan impresionantes.
Saudiños e boas lecturas.

venres, 8 de outubro de 2010

CENTENARIO CARVALHO CALERO

O voso galo, Zongalo Quirico, informa que o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria están a preparar poesías do escritor Carvalho Calero. Ditas poesías recitaranse a finais de Outubro no centro Torrente Ballester. As poesías irán acompañadas dunha música.
Tedes ao lado da biblioteca, unha exposición sobre este escritor e tamén como era Ferrol no seu tempo. Seguro que levaredes unha sorpresa cando vexades algúns lugares da vosa cidade como foron cambiando ao longo do tempo.
ESTÁ MOI INTERESANTE. HAI UN LIBRO SOBRE AS PITAS QUE PODEREDES LER SE PASADES POR ALÍ.
SAUDIÑOS E BOAS LECTURAS.

FERROL

Ola raparig@s. Que tal ese novo curso? O voso galo, Zongalo Quirico está un pouco canso. O curso pasado estivo a viaxar tanto, tanto, tanto......Este ano viaxará pola nosa cidade: FERROL.
Necesita a vosa axuda. Como............? Sacándolle fotos a Ferrol e logo entregalas no cole ou mandalas ao seguinte correo: normalizacionrecimil@gmail.com Estas fotos deberán levar un pé de páxina e nome voso. Faremos unha exposición con todas elas e daremos agasallos ás fotos máis interesantes.
Tedes de prazo ata o día 12 de Novembro.
Saudiños e moitas lecturas.