martes, 21 de xuño de 2011

GUÍA FERROL

O pasado venres e o luns os rapaces e rapazas de terceiro ciclo saíron polas rúas de Ferrol. En grupiños pequenos tiñan que completar unhas preguntiñas nunha guía sobre Ferrol. Como foi esa saída? Só tedes que mirar estas imaxes.

CONTACONTOS

O pasado venres tivemos con nós ao contacontos Inacio. Os raparigos e raparigas de 2º curso de Educación Primaria estiveron a rir coas fantásticas aventuras que o contacontos lles ía contando. Aquí tedes unha mostra.

mércores, 8 de xuño de 2011

TRÍPTICO VERÁN

Zongalo Quirico presenta as súas recomendacións de lectura. Se queredes vivir grandes aventuras, abride o tríptico e.........A LER.

venres, 15 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Hoxe,no noso cole, foi un día moi especial. Celebramos o Día do Libro. Como?

Durante varias semanas estivemos a facer un libro viaxeiro. Comezamos cos rapaces e rapazas de 3 anos e rematamos cos máis maiores. Para ver todo o traballo rematado saimos ao patio, fomos lendo por cursos todo o libro, colocamos cada páxina nun expositor e logo cantamos a canción UN MILLÓN DE AMIGOS.

Tamén, Zongalo Quirico, agasallou aos premiados da actividade das fotos de Ferrol agochadas en diferentes libros.

Se queredes ver como foron eses momentos, aquí tedes unha mostra.




martes, 5 de abril de 2011

FEIRA DO LIBRO USADO

Esta semana, na nosa biblioteca, estamos coa feira do libro usado. Os raparigos e raparigas están a trocar libros e revistas. Está a ser todo un éxito.
Saudiños e boas lecturas.



martes, 29 de marzo de 2011

TERESA GONZÁLEZ COSTA

Os raparigos e raparigas de 3º ciclo estiveron a ler o libro A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa. Zongalo Quirico tivo un agasallo para todos e todas. Que agasallo foi? Pois a visita da escritora. Onte, 28 de Marzo, Teresa fíxonos que o día foise moi especial, non só respondendo ás preguntas que o alumnado tiñan preparadas, senón tamén por esas rubricas que deixou en todos os seus libros. Moitas grazas TERESA.

luns, 21 de marzo de 2011

CONTACONTOS RECIMIL


Hoxe e o venres, 18 de Marzo, na nosa biblioteca, houbo uns contacontos do noso colexio. As nosas alumnas Milena e Jennifer de 5ºA estiveron a contar un conto aos nenos e nenas de 1ºA e 1ºB. Aquí tedes a imaxe de dito conto e tamén como foron eses momentos. Zongalo Quirico da as grazas a estas raparigas tan pero que tan simpáticas.