Tríptico coas recomendacións de Zongalo Quirico, para este verán de 2018.
martes, 26 de xuño de 2018
martes, 19 de xuño de 2018
Entrega de diplomas e agasallos
Xoves 14 de xuño:
Entrega de diplomas ao alumnado de 6º EP que colaborou na biblioteca durante este curso. A todos/as lles damos MOITAS GRAZAS e lles desexamos moita sorte e ... moitas lecturas no instituto!
E tamén houbo tres agasallos para nenos/as que máis libros pediron emprestados:
PARABÉNS!
Entrega de diplomas ao alumnado de 6º EP que colaborou na biblioteca durante este curso. A todos/as lles damos MOITAS GRAZAS e lles desexamos moita sorte e ... moitas lecturas no instituto!
E tamén houbo tres agasallos para nenos/as que máis libros pediron emprestados:
3º: Javier (3º A) e 2º: Marco (6º B)
(Os máis "LEÓNS"!)
1º: Marinela (4º B)
(A máis "LEONA"!)
PARABÉNS!
Premer na imaxe ou visitar o álbum da galería da páxina web: Entrega premios/agasallos.
venres, 25 de maio de 2018
VISITA DE ANTÓN CORTIZAS - XOGOS TRADICIONAIS
Antón Cortizas visitou a nosa biblioteca (o 15 e o 22 de maio) para ensinar xogos tradicionais ao noso alumnado.
Xogos con EI:
- Paxariñas de papel ... que voaban!
- Lío,lío.
- Roda cunha canción: AS ABELLIÑAS de S. MIGUEL.

Fotos do obradoiro de EI publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EI
Xogos con 1º e 2º EP:
- Xogo cunha canción.
- De novo, unha paxariña de papel, que os nenos ían recortando para facela voar.
- Un son de bufo.
- Unha mestra de 1º ofreceuse para participar xunto con Antón.
- Unha paxariña de papel.
- Son dun instrumento con canas.
- Xogo do "bico do galo".
Xogos con 5º e 6º EP:
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.
Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP
Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos.
Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.
Enlace á páxina web onde tres nenas de 5ºA nos contan como foi a sesión.

Fotos dos obradoiros de EP publicadas na galería da páxina web, no álbum: Xogos_Antón Cortizas_EP
Os nenos/as pasárono moi ben e aprenderon novos xogos.
Na biblioteca temos o libro de Antón Cortizas TASTARABÁS, no que se poden atopar estes e moitos máis xogos.
mércores, 16 de maio de 2018
NOVIDADES DE MAIO
O curso está a rematar e seguimos catalogando máis libros na biblioteca para telos preparados para o seguinte curso :
- Pioneira
- Emoticuentos
- Samuel casi no tiene miedo
- Mi primer Principito
- Mi primer Zoo
- Mi primer Larousse de la Naturaleza
- Marcopola 4. Avoa Power
- O sombreiro do mago
- Álbum de bichos
- El camello
- El bebé jefazo
- Rimas para enero y para todo el año
- Mi primer libro de poesía
- El gigante más elegante
- Tímida
- Formigas 4
- Lechuza Detective 4. La amenaza payasa
- Lola Pimienta y el ladrón de la Feria
- Billie B. es la mejor
- Billie B. es muy especial
Xa tedes boas lecturas!
mércores, 2 de maio de 2018
VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL

Moitos nenos e nenas do cole visitamos neste curso a Biblioteca Municipal de Ferrol.
No mes de marzo foi alumnado de E. Infantil. Pódese acceder ao contido publicado na web premendo aquí .
No mes de abril, que conmemoramos o Día do Libro, foi alumnado de E. Primaria.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.
Ensináronnos todas as dependencias da biblioteca, explicáronnos as normas de funcionamento, e ao final estivemos vendo moitos libros na sección infantil.
Animáronnos a facernos socios, algúns fixémonos, outros xa eramos.
xoves, 26 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
Cun "APADRIÑAMENTO LECTOR" celebramos este ano o Día do Libro, o luns 23 de abril.
O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta estupenda actividade que consistiu na lectura de contos do alumnado maior (de 3º a 6º de EP) ao máis pequeno (EI, 1º e 2º de EP).
A lectura podía facerse en calquera espazo do colexio! E como tivemos a sorte de gozar dun día soleado ... non foron poucos os nenos e nenas que decidiron facer estas lecturas no patio. Outros decidíronse polas aulas, polos corredores e mesmo polas escaleiras.
Un bo conto, boa compañía e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar este día.
mércores, 25 de abril de 2018
NOVIDADES DE ABRIL
ESTE MES ESTÁ CHEO DE NOVIDADES PARA TODOS:
XA TEMOS NOVOS DVDs:
XA TEMOS NOVOS DVDs:

- SPACE DOGS (Aventura en el espacio)
- MONSTRUOS
- PETER PAN
- LA CASA DE MICKEY MOUSE (Aventuras en el agua)
- LA CASA DE MICKEY MOUSE (Mickey y Donald tienen una granja)
- LA CENICIENTA
- ZOOTRÓPOLIS
- TARZAN
- ANGRY BIRDS (La película)
- EL VIAJE DE ARLO
- UP
- ALAS (A salvo sobre cubierta)
- ENREDADO
- Te quiero, abuelo
- 1, 2, 3, ¡a contar cacas!
- El travieso Jojó
- El abejoso
- Violeta quiere ser vampiro
- El gran libro de la naturaleza
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)