O equipo de biblioteca organizou un ano máis unhas visitas á biblioteca municipal de Ferrol co afán de que os nenos e nenas coñezan outra biblioteca.
O venres 22 de febreiro foron os rapaces de Educación Infantil en dúas quendas:
- Ás 10, as mestras Mª José e Esther cos seu alumnado de 3 e 4 anos.
- Ás 11h 45, a mestra Carmen co de 5 anos.
Na visita houbo un contacontos e logo os nenos poideron ler e mirar libros infantís.
Gustou moito aos rapaces o contacontos.
Premer na seguinte imaxe para acceder ás fotos da visita de EI.
O mércores 27 de febreiro foron os rapaces de PRIMEIRO:
- Ás 10h, a mestra Marián con 1ºB.
- Ás 12 h, o mestre Juan Carlos con 1ºA.
Tamén nesa ocasión houbo un contacontos seguido da lectura de libros na sala infantil. Igualmente, viñeron contentos da visita.
Premer na seguinte imaxe para acceder ás fotos da visita de 1º.
O 2 de ABRIL, coincidiendo co DÍA DE LITERATURA INFANTIL van os SEGUNDOS.
Será unha visita fermosa!