Recomendacións para o verán.
luns, 21 de xuño de 2021
Que é un
refuxiado?
Saberiades contestar a esta pregunta? Pois para que reflexionedes e aproveitando que o día 20 de xuño se celebrou o día internacional das persoas refuxiadas, deixámosvos este libro para que olledes.
Ningunha persoa elixe ser un refuxiado, nin deberíamos ser
tan afortunados ou desafortunados por nacer nun lugar ou outro… Non o esquezades.
Un saúdo.
Zongalo Q.
venres, 11 de xuño de 2021
Because there is no planet B.
É moi importante visibilizar esta celebración do pasado 5 de xuño sobre o medioambiente, porque a nosa obriga é coidar e respetar o noso planeta. É a única maneira de que todos os habitantes del poidamos gozar da Terra por milleiros de anos máis, e deixar un legado mellor do que nos atopamos.
Diso entende ben, o cantautor galego Pakolas, que creou unha canción sobre a natureza no seu último libro-cd que adquirimos para a biblioteca. Premede no link para escoitar.
E os nosos artistas de Infantil, festexaron o día así:
Quedoulles ben chulo.
Ademais, na biblioteca temos os seguintes fondos de novidades tanto de consulta como en álbum ilustrado que xa ollastes no expositor do corredor.
venres, 4 de xuño de 2021
venres, 28 de maio de 2021
xoves, 13 de maio de 2021
Letras Galegas 2021: Xela Arias.
Xa nos falta menos para rematar esta semana e con ela chegar o gran día da celebración das nosas letras. Aínda nos quedan sorpresas por amosar, xa que polas aulas estades moi creativos.
O noso agasallo de hoxe, é un poema recitado pola mestra de relixión, Carmen. Un bo poema para reflexionar sobre os extremos e sobre o que implica gañar ou perder... E vós? que pensades sobre isto?
Poema xoves. (Recordade picar para escoitar)
mércores, 12 de maio de 2021
Letras Galegas 2021: Xela Arias
Bo mércores. Nesta semana das letras, amosámosvos como os nosos libros saen da biblioteca a encher outros recunchos. Este expositor contén algunha das obras da homenaxeada e está situado na entrada de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Este curso os libros están en movemento constante.