domingo, 25 de xaneiro de 2009

A Biblioteca Máxica

click to closeA que sería bonito pensar nunha biblioteca chea de libros para nenos e para non tan nenos, chea de vida?

A que estaría moi ben que os libros desa biblioteca non só estivesen nos seus estantes dentro desa biblioteca e puidesen escapar para os corredores, para as escaleiras do colexio para que todo o mundo os vise e así sentírense polos misterios alí agochados?

Pois iso é o que presentamos hoxe aquí neste blog. O nacemento dunha nova biblioteca, unha biblioteca máxica pola súa forma e polo seu contido.

Hai algo máis dun mes estaba eu ilustrando un conto para José, o meu fillo pequeno, cando me veu á mente todo este louco soño, que agora xa é un auténtico proxecto cargado de ideas, que en pouco tempo serán realidade.

Este blog, sincronizado co meu propio blog, irá narrando e mostrando todos e cada un dos soños que deixan de ser soños en canto están feitos.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg8-lLjMtFNcz_65F_Yj_H3lt7FWXyDESVQiDoLwBzyLHBn1TpHLTDW2-8_p687TOnUCPT_6YWifxYa8yKxdKyVPMTotcNiiDzOAsso0_4184b45EiMUKXiMStk_7jvKZeD-9x1k2-b4uo/s512/IMG_1487_resize.JPGO que sería estupendo é que non só fosen os meus soños, senón tamén os vosos, os de cada neno desta escola, os de cada profesor e os de todo o que queira colocar o seu libro na nosa nova biblioteca máxica.

Véñenme á cabeza miles de cousas que quixese debuxar nela.

Contos que falen da Natureza, contos que falen das nosas inquietudes, contos de todo tipo. Contos do pasado e do futuro.

É que esta biblioteca podería estar chea de cousas de todos nós. E estará en constante movemento, tanto se outros participan, coma se non.

Encantaríame contaxiarvos con toda a ilusión que eu levo dentro para facer a Biblioteca Máxica máis máxica do Universo máis máxico.

Neste blog podedes contactar connosco: comigo ou con Anxo, que é o que nada mellor e o que levará o peso das entradas sobre este traballo no blog. Tamén podedes deixar os vosos contos na Secretaría do centro ou preguntar por min alí mesmo.

Aínda que ata marzo non empezarei a pintar sobre as paredes, xa que primeiro tense que preparar, eu estou recompilando cousas que irán pintadas, contos meus, contos que lin...

Xa vos iremos contando.

Carmen Martín Serantes

1 comentario:

Chispa dixo...

Mmmmm...! Que ben soa todo isto...
Felicítovos por toda a ilusión que desprende a Biblioteca Máxica. Ese proxecto "pinta" moi ben, que envexa!!
Bicos e moitos, moitos ánimos da vosa amiga Chispa.
Un bico agarimoso para Carmen e outro graaaaaande para Zongalo Quirico; canto te botabamos de menos!!