luns, 8 de xuño de 2009

Concurso para os pais

http://psoepontedeume.files.wordpress.com/2008/02/gallifante.gifEste venres chegou Candela, de 5ºA, case sen aire. Preguntoume: é un avión? a resposta, é un avión?

Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.

O premio foille entregado hoxe.

Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.

Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.

A pregunta é
"En que cita se fala de nós os pais?"

Lémbrovos que podedes entrar no cole, visitar a Biblioteca Máxica sen medo, que para iso se fai. Para ver e participar. Animádevos.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Son unha nai que traballo e vou coller a nena ao comedor. ¿Cómo podería contestar ao concurso pois a hora á que vou non hai ninguen no mural?

Anónimo dixo...

Son unha nai que traballo e vou coller a nena ao comedor. ¿Cómo podería contestar ao concurso pois a hora á que vou non hai ninguen no mural?

Anxo Varela dixo...

Ola, boa pregunta, pero é moi sinxelo e tes varias maneiras:

1. Deixa aquí a resposta, no blogue (aínda que tes que deixar o teu nome, por exemplo, son a nai de xxxxxx, do curso xºX).

2. Escríbeme coa resposta ao correo info@carmenmartin.com

3. Déixalle recado alguén no colexio.

Anónimo dixo...

Son a nai de Ali e fai moito que quería comentar aquí o fantástico que me parece o que está a facer Carmen. É un regalo fantástico para os nosos nenos, unha ventá á maxia, á ilusión ... A miña nena coméntame o avance do mural, os libros que recoñece, o que ve en cada debuxo ... e o mellor es que síntese partícipe como si o mural fose, dalgunha maneira, obra súa tamén. Eu vouno seguindo no blogue e cando paso polo cole sempre lle adico un tempo, e quédome alelada. Carmen conserva a súa alma cativa e sabe mostralo. Conmóveme o seu ánimo, ilusión e tesón e quero que sepa que eu se llo agradezo moito moitísimo e que ten todo o meu alento. Grazas Carmen

Carmen Martin dixo...

Teresa, non podes imaxinarte o ben que me fixo o teu comentario. Eu creo que só para que alguén escriba algo así de bonito, merece a pena facer un mural ou o que faga falta. Moitas grazas e un besazo para a miña amiga Ali a pintora.