venres, 31 de xullo de 2009

Segunda fase da Biblioteca Máxica

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SlEYjZej8sI/AAAAAAAAFxM/CXO0eA2WL7U/s512/IMG_2422.JPGDurante este mes de xullo, Carmen Martín non colleu vacacións: Pintura en Acción en Riazor, varias saídas máis a pintar... e tamén o comezo dos traballos da Segunda Fase do gran mural da biblioteca nova do CEIP "Recimil".

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHXuEP7ZXI/AAAAAAAAGjI/n6LEJb0zYyM/s512/abm200020.jpgÉ dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYNli11YI/AAAAAAAAGjc/XtNCXGzcb3U/s512/abm200220.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYIO041TI/AAAAAAAAGjU/1GprjptDnaU/s512/abm200200.jpg

O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.

O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYLpadj9I/AAAAAAAAGjY/L18kYcZxfzA/s640/abm200210.jpgLogo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo.

Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.

E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYEzeV3HI/AAAAAAAAGjQ/JjZeCV4l9eI/s640/abm200190.jpgLogo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.

Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.

Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Que nos den maís vacacións de verán. A pintora é moi boa e espero que siga así e espero que todo este moi bonito cando volva o colexio.

Tomás Amarelo Saavedra

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.