mércores, 28 de outubro de 2009

ATENCIÓN!!!!

Este curso, ZONGALO QUIRICO, marcha de……………VIAXE.
Que nos contará? Que lugares visitará?

Polo de agora, deixounos na biblioteca, dous cousiñas moi pero que moi interesantes:
- PRIMEIRA: un lote de libros no expositor relacionados con distintas partes do mundo. Dita exposición manterase ata mediados de Novembro.

- SEGUNDA: no mes de Novembro teremos unha exposición de obxectos de distintos países: España, Japón, Marruecos, Guatemala, Italia, Uruguay, China, Egipto,……..
OLLO!!!!!

No mes de Decembro, ZONGALO QUIRICO, fará unha selección dos debuxos que se están a facer en todas as aulas para poder marchar de viaxe. Neste mes saberedes quen son os gañadores ou gañadoras.


QUE SE LEVARÁ ZONGALO QUIRICO DE VIAXE??????
TEREMOS QUE………………………. AGARDAR.
VIAXAR, VIAXARÁ
E O MUNDO RECORRERÁ.

Saúdos e boas lecturas.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que bonita quedou a biblioteca e o cole... seguro que Zongalo está encantado de estar nun lugar tan fermoso e cheo de libros!!
Noraboa!!