Como xa vos fomos adiantando, este ano Zongalo Quirico e o equipo de Biblioteca decidiron dedicar o "Día do Libro" á conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.
Decorouse a biblioteca con motivos do Quijote, elaborouse unha liña de tempo dedicada a Miguel de Cervantes (coa colaboración de todo o alumnado e profesorado) e con eses traballos creouse unha presentación. Coa colaboración do equipo TIC publicáronse na aula virtual da páxina web diversos recursos cos que se traballaron nas aulas. (Enlace)
E o día 21 celebrouse un acto no ximnasio coas seguintes actividades:
- Proxección da presentación mencionada anteriormente. (Abrir aquí)
- Representación, por parte do alumnado de 1ºB, de dous fragmentos de "Don Quijote".
- Proxección do episodio "Don Quijote y la aventura de los molinos de viento".
Ningún comentario:
Publicar un comentario