martes, 14 de maio de 2019

O cómic

     O equipo de biblioteca propuxo para este curso 2018-2019 o traballo do cómic dende infantil a sexto de primaria.
     Cada nivel escolleu un personaxe, sobre o que foi elaborando o traballo ao longo do curso. No cómic tiñan que reflectir: autor, descripción, ilustración e data do inicio e país da súa publicación.
    No mes de abril, expúxose o traballo na parede do corredor da biblioteca con diferentes títulos de cómics.
    
   Personaxes elixidos:
     3 anos: Manolón, conductor de camión
      4 anos: Snoopy / 5 anos: Spiderman
      1º A: Bob Esponxa / 1º B: Mafalda
      2º A: Zipi y Zape /  2º B: Rompetechos
      3º A: Astérix El Galo / 3º B: Tea Stilton
      4º A: Pulgarcito /  4º B: Mortadelo y Filemón
      5º A: Mickey Mouse / 5º B: Tntín
      6º A: Super López / 6º B: Doraemon
          
Establecéronse quendas para que cada curso baixase a ver a exposición.

          O equipo de biblioteca felicita a todos e todas polo seu traballo e implicación na busca de diferentes personaxes de cómics.
                        PARABÉNS !

Premer na seguinte imaxe para ver fotos da exposición. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=600


Ningún comentario: