sábado, 31 de xaneiro de 2009

Bailando bailando imos medrando

Teño noticia de que un grupo de dez profes do colexio Ibáñez Martín están a facer un grupo de traballo chamado: "Bailando bailando imos medrando". Como o seu nome indica, trata de danzas, pero cunha particularidade: son bailes de diferentes países do mundo, co cal están a traballar cos nenos e nenas a interculturalidade a través da historia de diferentes países (características, os seus costumes, traxes típicos etc.) Para isto, contan coa colaboración de Javier Jurado, coñecido profesor de música e especialista en danzas infantiles entre outras moitas manifestaciones musicais. Están a traballar todo isto nas aulas coa axuda do resto de profesorado do centro, e tamén aproveitarán para facer un festival de Entroido que se representará o día 20 de febreiro. As representacións son estas:

Educación Infantil: danzas de Francia e Servia
Educación Primaria:
1º: danza do "Zapateiro Danés",
2º: representará a Noruega, coa danza "Sete pasos"
3º: unha danza dos E.E.U.U
4º: unha danza alemana,
5º: baile do noso país veciño, Portugal
6º: unha preciosa danza israelí chamada "Ma Navu".

domingo, 25 de xaneiro de 2009

A Biblioteca Máxica

click to closeA que sería bonito pensar nunha biblioteca chea de libros para nenos e para non tan nenos, chea de vida?

A que estaría moi ben que os libros desa biblioteca non só estivesen nos seus estantes dentro desa biblioteca e puidesen escapar para os corredores, para as escaleiras do colexio para que todo o mundo os vise e así sentírense polos misterios alí agochados?

Pois iso é o que presentamos hoxe aquí neste blog. O nacemento dunha nova biblioteca, unha biblioteca máxica pola súa forma e polo seu contido.

Hai algo máis dun mes estaba eu ilustrando un conto para José, o meu fillo pequeno, cando me veu á mente todo este louco soño, que agora xa é un auténtico proxecto cargado de ideas, que en pouco tempo serán realidade.

Este blog, sincronizado co meu propio blog, irá narrando e mostrando todos e cada un dos soños que deixan de ser soños en canto están feitos.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg8-lLjMtFNcz_65F_Yj_H3lt7FWXyDESVQiDoLwBzyLHBn1TpHLTDW2-8_p687TOnUCPT_6YWifxYa8yKxdKyVPMTotcNiiDzOAsso0_4184b45EiMUKXiMStk_7jvKZeD-9x1k2-b4uo/s512/IMG_1487_resize.JPGO que sería estupendo é que non só fosen os meus soños, senón tamén os vosos, os de cada neno desta escola, os de cada profesor e os de todo o que queira colocar o seu libro na nosa nova biblioteca máxica.

Véñenme á cabeza miles de cousas que quixese debuxar nela.

Contos que falen da Natureza, contos que falen das nosas inquietudes, contos de todo tipo. Contos do pasado e do futuro.

É que esta biblioteca podería estar chea de cousas de todos nós. E estará en constante movemento, tanto se outros participan, coma se non.

Encantaríame contaxiarvos con toda a ilusión que eu levo dentro para facer a Biblioteca Máxica máis máxica do Universo máis máxico.

Neste blog podedes contactar connosco: comigo ou con Anxo, que é o que nada mellor e o que levará o peso das entradas sobre este traballo no blog. Tamén podedes deixar os vosos contos na Secretaría do centro ou preguntar por min alí mesmo.

Aínda que ata marzo non empezarei a pintar sobre as paredes, xa que primeiro tense que preparar, eu estou recompilando cousas que irán pintadas, contos meus, contos que lin...

Xa vos iremos contando.

Carmen Martín Serantes

xoves, 26 de abril de 2007

Visita de Anxo Fariña


O 16 de abril tivemos a sorte de contar con Anxo Fariña. Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo disfrutaron escoitando un dos seus contos da serie "Don Quixote e Breogán", que acompañou con ilustracións. Tamén debuxou a dous nenos aos que transformou converténdoos en dous personaxes de conto.

Posteriormente na aula, os nenos e nenas de 5 anos transformaron a Anxo Fariña, quen se converteu nun gato, nun elefante, nun caracol, ...

Podes visitar a páxina web de Anxo Fariña