O 10 de maio de 2019 foron entregados aos nenos e nenas de 3 anos de infantil os carnés de biblioteca como novos lectores. Foron acompañados da súa mestra Mª José.
martes, 28 de maio de 2019
luns, 27 de maio de 2019
Visita ao Museo de Humor e Parque de Educación Viaria de 1º e 2º de Primaria
O 7 de Maio de 2019 os nenos/as de 1º e 2º curso de primaria visitamos o Museo do Humor de Fene e o Parque de Educación Viaria en Barallobre.
No Museo de Humor o que primeiro vimos foi ao "Galego das Escaleiras", logo a sala de caricaturas, sala de Banda Deseña e sala de "Humor Negro" e dos Premios Curuxa. Despois uns espellos onde nos viamos moi altos e delgados....E ao rematar merendamos.
No Parque de Educación Viaria vimos sinais, un vídeo e conducimos "karts".
Nós pasámolo moi ben!
Etiquetas:
1º EP,
2º EP,
Educación Viaria,
Museo Humor
sábado, 25 de maio de 2019
Contacontos de Iago López.
O 9 de Maio de 2019 tivemos un "Contacontos" para os nenos/as de 1º, 2º e 3º curso de primaria: Iago López, o autor de "O Cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Gustounos moito!
martes, 14 de maio de 2019
O cómic
O equipo de biblioteca propuxo para este curso 2018-2019 o traballo do cómic dende infantil a sexto de primaria.
Cada nivel escolleu un personaxe, sobre o que foi elaborando o traballo ao longo do curso. No cómic tiñan que reflectir: autor, descripción, ilustración e data do inicio e país da súa publicación.
No mes de abril, expúxose o traballo na parede do corredor da biblioteca con diferentes títulos de cómics.
Personaxes elixidos:
3 anos: Manolón, conductor de camión
4 anos: Snoopy / 5 anos: Spiderman
1º A: Bob Esponxa / 1º B: Mafalda
2º A: Zipi y Zape / 2º B: Rompetechos
3º A: Astérix El Galo / 3º B: Tea Stilton
4º A: Pulgarcito / 4º B: Mortadelo y Filemón
5º A: Mickey Mouse / 5º B: Tntín
6º A: Super López / 6º B: Doraemon
Establecéronse quendas para que cada curso baixase a ver a exposición.
O equipo de biblioteca felicita a todos e todas polo seu traballo e implicación na busca de diferentes personaxes de cómics.
PARABÉNS !
Premer na seguinte imaxe para ver fotos da exposición.
Cada nivel escolleu un personaxe, sobre o que foi elaborando o traballo ao longo do curso. No cómic tiñan que reflectir: autor, descripción, ilustración e data do inicio e país da súa publicación.
No mes de abril, expúxose o traballo na parede do corredor da biblioteca con diferentes títulos de cómics.
Personaxes elixidos:
3 anos: Manolón, conductor de camión
4 anos: Snoopy / 5 anos: Spiderman
1º A: Bob Esponxa / 1º B: Mafalda
2º A: Zipi y Zape / 2º B: Rompetechos
3º A: Astérix El Galo / 3º B: Tea Stilton
4º A: Pulgarcito / 4º B: Mortadelo y Filemón
5º A: Mickey Mouse / 5º B: Tntín
6º A: Super López / 6º B: Doraemon
Establecéronse quendas para que cada curso baixase a ver a exposición.
O equipo de biblioteca felicita a todos e todas polo seu traballo e implicación na busca de diferentes personaxes de cómics.
PARABÉNS !
Premer na seguinte imaxe para ver fotos da exposición.
domingo, 28 de abril de 2019
NOVIDADES ABRIL 2019
Estas son as novas adquisicións:
- Maxi Baby enciclopedia de los animales.
- Maxy Baby enciclopedia.
- De letras e de imaxes nas aulas de primaria.
- Incendios Forestales reflexiones desde Galicia.
- Morriña.
- El gran libro de las pequeñas historias.
xoves, 25 de abril de 2019
DIA DO LIBRO 2019
O Día do Libro, 23 de Abril, no noso colexio celebrámolo cun acto moi especial : " APADRIÑAMENTO LECTOR ".
O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta actividade que consistiu na lectura de contos de alumnado de 3º a 6º aos máis pequenos : E.I, 1º e 2º de E. Primaria.
A lectura podía facerse en calquera espazo do colexio E como este ano choveu, tivemos que facelo dentro, nas aulas e polos corredores e tamén polas escaleiras.
Un bo libro, boa compañia e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar ese día.

Enlace ao álbum publicado na galería da páxina web:
Día da Lieratura Infantil 2 de Abril
O 2 de Abril é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
INFANTIL E XUVENIL, os nenos e nenas de segundo curso de primaria acudiron á biblioteca municipal de Ferrol para celebralo cun CONTACONTOS. Foron recibidos e invitados a escoitar un conto por unha bibliotecaria. Logo, despois desta fermosa lectura, os rapaces poideron gozar da biblioteca collendo libros e lendo no chan e nos asentos infantís. Como agradecemento da súa visita viñeron cuns agasallos da Biblioteca Municipal de Ferrol.
Enlace ao álbum da galería coas fotos desta visita e tamén da visita previa do alumnado de 1°: Biblioteca Municipal .
Etiquetas:
Biblioteca Municipal,
Día do Libro
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)