sábado, 31 de xaneiro de 2009

Bailando bailando imos medrando

Teño noticia de que un grupo de dez profes do colexio Ibáñez Martín están a facer un grupo de traballo chamado: "Bailando bailando imos medrando". Como o seu nome indica, trata de danzas, pero cunha particularidade: son bailes de diferentes países do mundo, co cal están a traballar cos nenos e nenas a interculturalidade a través da historia de diferentes países (características, os seus costumes, traxes típicos etc.) Para isto, contan coa colaboración de Javier Jurado, coñecido profesor de música e especialista en danzas infantiles entre outras moitas manifestaciones musicais. Están a traballar todo isto nas aulas coa axuda do resto de profesorado do centro, e tamén aproveitarán para facer un festival de Entroido que se representará o día 20 de febreiro. As representacións son estas:

Educación Infantil: danzas de Francia e Servia
Educación Primaria:
1º: danza do "Zapateiro Danés",
2º: representará a Noruega, coa danza "Sete pasos"
3º: unha danza dos E.E.U.U
4º: unha danza alemana,
5º: baile do noso país veciño, Portugal
6º: unha preciosa danza israelí chamada "Ma Navu".

2 comentarios:

Carmen Martin dixo...

Pois paréceme a min unha iniciativa moi bonita.

Eu creo que esta é a mellor forma de aprender, claro, sempre que se poda!

O caso é que os meus fillos, matriculados neste cole o están disfrutando e saben xa moitas cousas da cultura destes países.

A José, de catro anos, faille moita gracia que un lago se chame Titicaca

Cuca faloulles dos Incas e do monte Machupichu e creo que van facer unha especie de frautas que usan por alí.

Rosalía e os seus amigos andan a aprender bailes portugueses.

Como me gustaría volver a ser pequena!

Carmen Martin dixo...

Felicidades polo resultado de todo o que tendes traballado.

Encantoume ver aos profes bailar. Decía unha nai que sobre todo estaba moi ben porque os nenos rían ao ver aos seus profes participando e, é certo. Aparte de que estaban moi paveros e fixérono xenial.

Para o meu gusto, este ano foi o máis vistoso de todos os que levan os meus nenos neste cole.