sábado, 26 de setembro de 2009

O Mural de Carmen

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjTcS1e6iBpZ5801jAovGHoYdj-A5L_Dev7_Y_YGktyAaBra8ty9kT_aodKm_3kPpb3OMEMtq2Ht6CV22GguPlc9MMSm9zHI8BwuvVWzhxPjvSnTj9Ux5KQi_6_3GrWeBALE3JxlrzVMUI/s640/abm_f_023.jpg A miña muller é a pintora Carmen Martín. Coñézoa desde hai 21 anos, polo que levo xa máis da metade da miña vida con ela. Así pois, eu son quen son grazas -ou por culpa de- Carmen. E ao revés.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgetLZfjx-99D9Wiw6Mww_6hxTkp_mFYZ7yW2kkpm3lBF8ea0J2DJdBg6XqOPTsL6Rdlw06uwCnQR2t942OMq-W2P1V66eDnli_ER2_aC-dm6blpWTqXZ0Wtbp_Cu4RoV1NhD3RaU5wIZU/s640/abm_f_024.jpgA finais de Agosto, Carmen rematou o mural do noso CEIP Recimil, no que levaba traballando sen descanso desde Abril. Unha enorme superficie, repartida en dous espazos (corredor e escaleira) que engalanan a entrada á nova biblioteca do colexio. Un gran traballo, grazas ao cal este antigo colexio ferrolán xamais volverá a ser o mesmo.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhEPaYEK4j73pQwgiJopr8SiR3oy6r_mKFTlvBWglsQvI2hkgZhpabUnPpiJHHrPE-eNn9gO-AbwQlk2EU1T_Pq4CDdfkWX8aMigfJvxaxDiCsYQd_hUkyWmaq2gjIsSFiS_sj5-is1JAY/s640/abm_f_025.jpgCarmen é, como adoita dicirse, unha persoa "activa". Non é capaz de
estarse queda, incluso aínda que lle receiten repouso Carmen precisa erguerse e seguir traballando. https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg7XAHKNj3udP3oyfPpzgx7UhQB5v3Ig8FJeDZDI9eGRo4YrmqtTZJSA-HId-i_e4ll9gwX8ljGGyTquxINpag0C_u_u4TkD76SRef8WVRGhvImSegW3m8nBX8jlWm3ZSmZvHN5N2mW7fg/s640/abm_f_026.jpgCarmen pintou este mural, subida ás estadas, falando con profesores, nenos, pais, buscando libros, ilustradores, pensando mil ideas, proxectando en libretiñas, en láminas de cartolina e papel continuo, pintando, corrixindo, volvendo a pintar... o traballo final é impresionante, unha serie de andeis, con centos de libros e que responde a un programa reitor que trata diversa temas, desde o espazo, ao mar, os xoguetes, as
matemáticas, a literatura infantil... bautizouna como "A Biblioteca Máxica", porque é unha biblioteca pintada que maxicamente envolve á biblioteca real. Tamén na biblioteca real estará a pegada de Carmen
grazas ao "Teatrín de Carmovita" que presidía a Escola Aberta de Arte e doouse ao colexio.
Ehttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi0TTc79kz3Uyd72O8iQWyRp1T0yA1tO6QNZrfuWa5e3DbSbbSnacWCOox_CXUM1Ie5l1nKbxsg5t6fO-EEBvzLRsqzSN9Ep9giLhuykrhvAXvQzHFDHeLud5Ty-wuiP0BxaGmzIH6uZ-Y/s640/abm_f_027.jpgn Outubro, ademais de PINTA[C], do primeiro aniversario do Hartismo e San
Lucas, inaugurarase oficialmente a nova Biblioteca do CEIP "Recimil" e será o momento no que lle presente ao mundo tamén a obra de Carmen.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjfhW7uPsH5h5neUXM8kJIxRqdD_g_g62NXKzWPW15ynOAZ_8QzEgZulfVdD5ObTdqxSx7wSVMr9kSAyW3hYwlSAkPHh-gkbLT8eyswqsFQpBER_dNfKNcnWG0Cs1ikPhzva54L_a-GIz0/s512/abm_f_011.jpgQuixen escribir isto -interrompendo momentaneamente os meus labores
urxentes- para expresar en serio toda a miña profunda admiración por esta artista, humilde pero tan grande como o seu mural, coa que teño a fortuna de compartir a miña vida.

Aquí podedes ver unha galería cunha chea de fotos sobre o mural, incluidas as últimas e as que se tomarán durante a inauguración.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgH1Mjigqkl-Rra6f4vg0JKgTdDU-PQe1cYA52nLipVCE-gapvm-kfjix_Sxmb4-Ak4L38BjJTvGy1sCfLn6WdqEbf14q01z07mvNphtKwzO56X2Mu6YntrGyQaRJB05aRE3nl9HTt6gFM/s640/abm_f_013.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg3bl2DNdafIdyEMr9z4rlWnPXm2zJvraNcUpBPNsOfDCHR_tsykGqI8lYm3cucp6TEbBTPiHYYes-WCXDdjENtb9SV0jPNmEs8BDpISdTHA8gdFKnbSFeqVneprl4YLBi87NmrKT8xMOE/s640/abm_f_014.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiZPBOHXg-DkNOgmHzmCHfquzZ-vWwmr7hFGTPAUTrxhWruPB0ntyu9h_NAvhCaw0As_yPBS0Z8OD3ObkS1aFRIJd87OrhBcnEA5Az1NCeAOBwrNYZvtsneN1q4nC4HP2F62zD0Dhyb8k4/s640/abm_f_016.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcyPPalSTFzv_TnEmS7dCpTSksvuA9V-lJ0TZ21krE_IXro6U7Wxuzp-yoBwFhwwx5zgHVcFMpi97J5HxVSwNG4SVJqq48MUsBKjFUMr1tcq_omvqhTc1bYrSZwcNFw-nF0NDUClTzATo/s640/abm_f_017.jpg

5 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns á autora e a todos os que participáchedes na creación dese impresionante mural á entrada da vosa nova biblioteca. Que a disfrutedes!!
Apertas dende Fene

Eunsegredo! dixo...

Este comentario vai para carmen, Zongalo Quiriko(Que non o vai poder leer que vai de viaxe)e moitos nenos e nenas .
Encantoume o mural esta XENIAL pero o que mais gustoume foi que custara o que custara tendo que estar no verán metida no colexio(Carmen) o traballo deu seus frutos!
Interesádevos moito por si estamos contentos ou non e por ter o noso cole EXPLENDIDO!
e,... queria dicir que...
Moitos Bicos para Zongalo, Carmen, e , por non dar unha cifraexacta, moiitos NENOS!

Eunsegredo! dixo...

Este comentario vai a Carme e a Zongalo Quiriko...
"SEn dúbida o mural quedou XENIAL !
Gustoume moito pois puidemos participar os nenos/as do colexio.
E xa que este e o meu último ano no cole, quero agradecer que vos preocupedes tanto por ter o cole tan bonito!
Unha aperta para Carmen, Zongalo Quiriko e para, por non dicir cifras exactas... MOITAS PERSOAAS!

Eunsegredo! dixo...

Este comentario vai a Carme e a Zongalo Quiriko...
"SEn dúbida o mural quedou XENIAL !
Gustoume moito pois puidemos participar os nenos/as do colexio.
E xa que este e o meu último ano no cole, quero agradecer que vos preocupedes tanto por ter o cole tan bonito!
Unha aperta para Carmen, Zongalo Quiriko e para, por non dicir cifras exactas... MOITAS PERSOAAS!

Eunsegredo! dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.