Hai un tempo, un pai preguntou neste mesmo blogue como surxiu a idea da Biblioteca Máxica. Aproveitando a lembranza que me trouxo o pedaciño de tea do que falei antes, contareivos a historia.
A idea desta Biblioteca Máxica xurdiu cando estaba facendo un conto para o meu fillo José e os seus compañeiros do cole, na clase da maravillosa Cuca. Veume, de súpeto, a imaxe dunha biblioteca feita ao longo das paredes da escaleira do edificio onde están os nenos maiores. En canto xurdiu a idea non podía deixar de pensar nos beneficios de poder xuntar nunha "macroilustración" mundos pequenos, portas pequenas feitas entre todos dos contos que cada un quixera, nenos e maiores e todo tipo de contos, todo tipo de temas.
Logo falei con Zoraida, a orientadora do cole, xa que tiña máis confianza con ela e non lle pareceu tanta loucura como eu pensaba que lle parecería. Todo un alivio, tendo en conta que Zoraida é psicóloga.
Ela falou con Paco, o director, logo Paco e máis eu falamos máis en serio do proxecto. Aproveito aquí para felicitar a este home que se ilusiona con cousas como esta, e que dirixe, penso, tan, pero que tan ben.
Paco pensou que o mellor sitio para facer o mural sería non no lugar onde agora está a Biblioteca do centro (na parte nova) senón onde estará próximamente a verdadeira Biblioteca, aquí na entrada do cole.
A proposta levouse ao Consello Escolar e foi aprobada. Dalí a pouco comezamos a traballar, e o demáis xa o sabedes.
Os bocetos e a idea da que parte todo é moi sinxela: que os libros saian para fóra da nova biblioteca, e por iso chámase máxica, porque quedan aí colgados, nas paredes e subindo para arriba. Libros e máis libros feitos dalgunha maneira non só por min, senon entre todos.
O traballo divídese en dúas fases:
Para o curso que ven xa non molestará o andamio nin eu, pero neste colexio que ten tanta historia ás súas costas haberá algo único: unha Biblioteca pintada que rebosa libros feitos por todos nós!

- Desde Marzo até o Verán: corredor, no que serán os muros da Biblioteca no futuro.
- Verán: escaleiras.
Para o curso que ven xa non molestará o andamio nin eu, pero neste colexio que ten tanta historia ás súas costas haberá algo único: unha Biblioteca pintada que rebosa libros feitos por todos nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario