mércores, 27 de maio de 2009

Un pedaciño de tea

Onte, no fondo da miña carteira encontrei un pedaciño de tea. Este:


Un pouco machacado e sucio, xa despois de levar tanto tempo aí esquecido.

É curioso porque fíxome lembrar de onde saiu a Biblioteca Máxica. Agora que xa casi rematamos a primeira fase do mural. Este trapiño era unha mostra que tiña para saber a cor que me gustaba para o fondo da parte central do mural.

E aquí acabou ese trapiño, no fondo da miña carteira, aínda que serviu tanto para min. Que desconsiderada! Discúlpame, trapiño, é que con tantas cousas que hai no mundo, ás veces un non lembra de onde parten as cousas.

Non fagades caso disto último.

1 comentario:

Unknown dixo...

e verdade as veces esqecemonos das cousas que nun momento tiveron un valor especial par nos.
trapito a tua sobriña.