martes, 19 de maio de 2009

Novo Xogo da Biblioteca Máxica, dirixido a PROFES!

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sgi2-zALYUI/AAAAAAAAEls/GO0OtvT84UE/s720/abm000830.jpg
Despois dos dous primeiros xogos ou concursos da Biblioteca Máxica, que foron dirixidos, primeiro aos nenos e logo aos pais, tócalle o turno agora aos/ás PROFES!

A pregunta é moi sinxela:

Que lle di a cor vermella ás outras cores?

O mellor é que podedes xogar tanto mirando as fotos do mural en Internet como ollando para os debuxos reais da Biblioteca Máxica no cole.

Animádevos, porque como sempre, haberá un libro de regalo para quen gañe.

Por outra parte Zongalo Quirico quere lembrarvos aos/ás profes que aínda segue aberto o xogo "Contos con Arte" que se convocou hai uns meses, cando empezou isto da Biblioteca Máxica. Con este xogo os vosos alumnos e alumnas poden escribir unha historia que:
  1. Ficará inmortalizada nos muros do colexio, na escaleira, cando se execute a 2ª etapa da Biblioteca Máxica (no verán).
  2. Os seus contos "estarán ilustrados" por algunha das mellores obras de arte de toda a Historia: Bisontes de Altamira, Murais do Exipto antigo, Giotto, Quinten Massys, Caravaggio, Goya, Mary Cassat, Picasso e Lucian Freud! Aí queda iso!
Como participar? Aquí toda a información.

Ningún comentario: