
Hoxe veu á Biblioteca Máxica
Sabela, de 5ºB e trouxo dous libros moi chulos que vos recomendamos:
- Elmer, de David McKee, e
- Toc-Toc, ¿quién es?, de Amanda Leslie

Por suposto que estas suxestións dos nenos
estarán na Biblioteca Máxica porque son libros preciosos, son libros que escollen eles mesmos e porque os nenos son os máis animados en participar sempre. Así da gusto.

E moitos máis nenos participan.
Sabela, o outro día tamén trouxo a
"Historia de Cataventos e Cía", de Celia Díaz Núñez.
Cecilia trouxo uns libros simpatiquísimos, como ela, da colección de
Gaturro, de Nik: sete libriños. Tamén trouxo outro libro, de Pernilla Stalfelt:
"El libro de la Caca", que é moi instructivo.


Alicia, non a do
País das Marabillas, pero unha que é semellante trouxo uns debuxiños feitos por ela, estilo manga, sobre sereas e vampiros.

Tamén
Tania Romalde, de 5ºB trouxo un texto escrito por ela, verdadeiramente precioso.
Andrés, tamén de 5ºB... Canto participan estes nenos de 5ºB! Moitas grazas de novo.

Ben, pois como dicía, tamén Andrés prestoume un libro: a
"Mortadelo y su Guía para la Vida del estudiante de hoy en día", de F. Ibáñez. Andrés, como outros nenos do cole, é un amante da lectura e tamén dos cómics. Algo digno de admiración.

E xa por último contarvos que xa collín -ben, en realidade colleumo Edgar (tamén de 5ºB) co seu carnet da biblioteca-
o libro onde naceu Zongalo Quirico. Aquí o tedes:
Teatro Feroz, de Gloria Sánchez. E eu penso que o galo da páxina 45 debe ser o pai de Zongalo. Vos que pensades?

E unha cousa mais. Que vos parece tamén que me digades
citas que vos gustan
para poñer nos cantos dos tantos e tantos libros que temos na Biblioteca Máxica?
Por suposto isto vai tanto para nenos como para maiores, profes, zongalos...
Aí vai unha:
"O que con moito traballo se adquire, máis se ama"
Aristóteles.
Aquí están as fotos de todos os traballos, e máis abaixo tendes unha presentación con elas: