mércores, 1 de abril de 2009

A Biblioteca Máxica, 31-03-2009

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SdB-8NrzEyI/AAAAAAAACmk/eQ0RmgMtmm8/s640/P3300282.JPGHoxe moitos nenos pasaron pola Biblioteca Máxica.

Os mais pequerrechos andan a facer un conto precioso que Cuca retoca con Photoshop e é tan lindo que non sei se pintalo na parede da Biblioteca ou comelo.

No recreo moitos nenos de 5º foron facerme unha visita, como de costume, e dixéronme que xa teñen moitos contos feitos.

Cecilia e Marcos xa me deron dous contos pero sen ilustrar así que si queredes podedes ilustralo vós para non ter que facelo eu... e que como non me gusta nada debuxar!...

En fin, está moi ben traballar rodeada de libros, pinturas e nenos.

A propósito, onte chegaron dous nenos novos, de Marrocos, ao cole. Un chámase Ibrahim e está na clase de Cuca. O seu irmán vai a 4º de primaria. Hoxe chegou tamén outro neno novo, que se chama Zacarías e tamén está en 4º de primaria.

Benvidos!

Zoraida, a orientadora do cole, estaba hoxe ensinándolle o cole a Zacarías. Dá gustiño ver cando xente coma ela, tratan con tanto cariño aos nenos.

Estes son os contos de Cecilia e Marcos:

As Espías Barrendeiras contra o Lobo Feroz

Érase unha vez, nas Vegas, no ano 2009, unhas espías barrendeiras chamadas Brancaneves e Carapuchiña.

Enteráronse que os sete enaniños secuestraron a avoíña para o Lobo Feroz.

Brancaneves e Carapuchiña colleron as cousas de espías e marcharon en busca da avoíña. Sabían que sería unha misión arriscada.

Entraron na mansión do lobo feroz, pasaron os controis de seguridade e chegaron á sala onde estaba o lobo.

Xusto antes de entrar, apareceron os sete ananiños. Carapuchiña e Brancaneves, tras unha inmensa loita, venceron ao lobo e rescataron á avoíña.

Marcos, 5º B




---ooOoo---




Alicia no país das ¡loucuras!

Esta era unha señora maior, mellor dito, bastante vella e tamén tola, estaba rematadamente tola, e aínda encima, dicía que se chamaba "Alicia no país das marabillas". Ela non se conformaba con ser nin Alicia nin Xoana, que va! E por iso a xente chamábaa "Alicia no país das loucuras". Todo comezou un día cando viu a película de Alicia no país das marabillas e, como ela tiña uns gustos moi parecidos á señora tola da pementa... Decidiu chamarse así, porque a ela tamén lle gustaba botar pementa pola casa. Pero ela non tiña un bebé de verdade, se non que o seu era de plástico. Unha das súas loucuras mais grande foi... Unha vez, pola noite, entrou nos grandes almacéns e... a que non sabedes o que fixo! Nos ventiladores de aspas, por encima das aspas comezou a botar e botar pementa, pementa e máis pementa en pó, para que , ao días seguinte, ao abrir os almacéns, cando os ventiladores comezaran a funcionar a pementa caería e entraría a pementa nos fouciños da xente e comezarían a esbirrar todos os clientes e empregados e así xa non lle gustarían a ninguén eses almacéns.

Cecilia Ramil López, 5ºB

Veña, animádevos a participar!

Ningún comentario: