martes, 7 de abril de 2009

A Maxia da Pintura

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SdOUgvwarhI/AAAAAAAAC7g/tA8pmw4OXvM/P4010315.JPGEsta "Biblioteca Máxica" é máxica de verdade. Os meus fillos falan todo o día dela:

-"Mamá, isto podías metelo na Biblioteca Máxica!".

-"mamá, mira que lindo debuxo para a Biblioteca Máxica!"

Que ben e que bonito que os nenos encontren cousas preciosas e interesantes para pintar na parede, que xa non é unha parede pola maxia da pintura.

Tamén outros nenos, mesmo nenos que non pintan habitualmente, encontran cousas para a Biblioteca Máxica.

Estou feliz, non é para menos!

E aínda que non poda estes días de vacacións estar sobre o andamio, teño moito traballo. Que mágoa (sería no mundo ao revés)!

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SdojiK23nzI/AAAAAAAADJE/SkNIxtReR2c/P3140007.JPGEstou ilustrando contos novos que lin, algúns coñecidos como o de Ricitos de Oro y los tres osos, Xoán e as xudías máxicas e outros como a Princesa e os sete zapatos ou a princesa ra, que son contos populares pero en Sudamérica. Tamén ilustrarei contos que me deron os compañeiros de Rosalía, a miña filla, que vai en 5º, e non están ilustrados. Claro que conto coa colaboración de "Súper-Rosalía" que vai ilustrar o conto de Sabela e logo xa veremos...

Non vos cortedes e mandádenos colaboracións ou polo menos un saudiño para que saibamos que estades aí. Porfi. Precisamos saber que estades aí, e saber a vosa opinión. Escribide ou debuxade ou algo...

2 comentarios:

Pilar Cheda dixo...

Cheguei a este sitio de rebote e acabo de descubrir o que estás facendo. É precioso. A partir de hoxe estarei pendente porque teño curiosidade por ver o resultado final, aínda que xa agora me parece alucinante. Xa cho irei comentando. Felicidades.

MARIA JESUS dixo...

Una idea maravillosa.Concede a nuestro viejo cole el aporte de color característico del mundo infantil, lo cual, confluyendo con el arte y saber que nos ofrecen los libros, lo convierten en un lugar especial, digno de ser visitado.Enhorabuena Carmen por tu trabajo.