martes, 14 de abril de 2009

Volta ao Cole

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhfUSUh8qf4qAPPajFNjwDU4BZKIxtHfZnB1Gut0JN_SC4Vj6N8Xfd1Pu-2UlQcylcESI2XuKpEKIUlTRkM5-9ggoZ33qlAQthZFn_bDElIGxXQnFgTms3B4ba6KHZui5goPF98hJmSxUc/Xa só queda un día para regresar ao cole a pintar.

Eu xa fixen as miñas tarefas das vacacións e agora espero pintar todo no mural moi axiña.

Ilustrar contos de un non ten nada que ver con ilustrar contos de outros, pero está ben facer ambas cousas.

Eu sei o que quero ilustrar nos meus contos e iso facilita moito, ademais cando escribo un conto moitas veces os debuxos van primeiro que o conto.

Pero se ilustro contos de outros, maiores ou nenos, teño que facer miña a historia, querela, aprehendela e iso sérveme para coñecer outros puntos de vista, aínda que no principio custe un pouco, segundo os casos, logo quédase un moi enriquecido.

En fin, que marabilla!

Se vos interesa, antes do 20 de Abril hai un concurso de ilustración cuxo tema é O Circo. Eu tamén presentareime, ven agora a tempada dos concursos, de pintura rápida e dos outros, nos que participamos case todos os anos.

Se vos interesa escribide neste blogue, e se non tamén, que eu sacarei tempo para contestarvos, que un blogue sen comentarios é como unha biblioteca sen libros!

1 comentario:

Ana dixo...

Canto me está gustando esta biblioteca máxica! E o que me vai encantar o próximo curso! Estou seguro de que vai ser o lugar favorito do cole para moitos nenos e nenas.

Unha grande aperta de
Zongalo Quirico