xoves, 23 de abril de 2009

Novos aportes, 22-04-2009

Hoxe tráiovos un totum revolutum de distintos aportes que aínda non puxera no blogue, por novos ou por vellos. Comezo:

O paxariño é dunha profe moi querida polos nenos e tamén por min,
chamada María. O "Lalo" ímolo inmortalizar na Biblioteca Máxica.

As baleas, en realidade son un regalo que me fixeron os nenos de Cuca un día moi especial para min, e como sempre Cuca e os seus nenos tan, pero que tan doces e cariñosos comigo en todo... A que son preciosas? E viñan co seu océano particular, téñoas en casa no baño para que estean preto da auga, como elas queren.

O texto é de Belén, de 5ºB, e o dragón de Óscar, tamén de 5ºB

Os debuxos dos ananos, de Edgar, do mesmo grupo. Como son moitos seguramente só poderei poñer algún deles. En realidade xa estaban feitos con anterioridade -non eran para a Biblioteca Máxica- pero como Edgar é tan traballador, algo poñeremos.

De A Biblioteca Máxica, 2009_04_23




2 comentarios:

Zongalo Quirico dixo...

Que ben que os rapaces e rapazas se vaian animando a enviar traballos á Biblioteca Máxica!
Se eu xa estou cheo de ledicia con ese estupendo mural, que os nenos e nenas do cole de Recimil queiran que os seus traballos se publiquen neste blogue ... faime sentir aínda máis feliz.
Parabéns para todos os colaboradores!
Unha aperta de Zongalo Quirico.

Mariota dixo...

Hola!somos dúas nenas de 5ºB.E queremos comentarvos que hai libros moi entretidos na biblioteca máxica.Gustaríamos lelos todos.Moitos saúdos.
Anxela Vazquez Dopico
Belén Sañudo Costoya