mércores, 29 de abril de 2009

Novos aportes, 27-04-2009

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sff_9yeKMVI/AAAAAAAAD10/fVilkAgAhiA/bm_2009_04_28_01.jpgHoxe veu á Biblioteca Máxica Sabela, de 5ºB e trouxo dous libros moi chulos que vos recomendamos:
  • Elmer, de David McKee, e
  • Toc-Toc, ¿quién es?, de Amanda Leslie
http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgBIEb04AI/AAAAAAAAD2M/0pa-lqSx4MY/bm_2009_04_28_04.jpgPor suposto que estas suxestións dos nenos estarán na Biblioteca Máxica porque son libros preciosos, son libros que escollen eles mesmos e porque os nenos son os máis animados en participar sempre. Así da gusto.

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgBoFVIjKI/AAAAAAAAD2k/oOXKb0-3HH8/bm_2009_04_28_07.jpgE moitos máis nenos participan. Sabela, o outro día tamén trouxo a "Historia de Cataventos e Cía", de Celia Díaz Núñez.

Cecilia trouxo uns libros simpatiquísimos, como ela, da colección de Gaturro, de Nik: sete libriños. Tamén trouxo outro libro, de Pernilla Stalfelt: "El libro de la Caca", que é moi instructivo. http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgCv9HrrSI/AAAAAAAAD20/2wxRZVjOqBs/bm_2009_04_28_09.jpg
http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgDIb3WPxI/AAAAAAAAD28/zhOcRsk4_X0/bm_2009_04_28_10.jpg

Alicia,
non a do País das Marabillas, pero unha que é semellante trouxo uns debuxiños feitos por ela, estilo manga, sobre sereas e vampiros.

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgE00CY1gI/AAAAAAAAD3c/ieMgcOrAkW8/bm_2009_04_28_14.jpgTamén Tania Romalde, de 5ºB trouxo un texto escrito por ela, verdadeiramente precioso.

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgFCZDMmUI/AAAAAAAAD3k/7CrHRawwsMo/bm_2009_04_28_15.jpgAndrés, tamén de 5ºB... Canto participan estes nenos de 5ºB! Moitas grazas de novo.

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgFa7WbnDI/AAAAAAAAD3s/pKeasyUh2No/bm_2009_04_28_16.jpgBen, pois como dicía, tamén Andrés prestoume un libro: a "Mortadelo y su Guía para la Vida del estudiante de hoy en día", de F. Ibáñez. Andrés, como outros nenos do cole, é un amante da lectura e tamén dos cómics. Algo digno de admiración.

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgGAD_-U4I/AAAAAAAAD38/WqhHDRfRDik/bm_2009_04_28_18.jpgE xa por último contarvos que xa collín -ben, en realidade colleumo Edgar (tamén de 5ºB) co seu carnet da biblioteca- o libro onde naceu Zongalo Quirico. Aquí o tedes: Teatro Feroz, de Gloria Sánchez. E eu penso que o galo da páxina 45 debe ser o pai de Zongalo. Vos que pensades? http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SfgGrlQEH2I/AAAAAAAAD4U/EZHqkf8cVG4/bm_2009_04_28_21.jpg

E unha cousa mais. Que vos parece tamén que me digades citas que vos gustan para poñer nos cantos dos tantos e tantos libros que temos na Biblioteca Máxica?

Por suposto isto vai tanto para nenos como para maiores, profes, zongalos...

Aí vai unha:

"O que con moito traballo se adquire, máis se ama"

Aristóteles.


Aquí están as fotos de todos os traballos, e máis abaixo tendes unha presentación con elas:



3 comentarios:

Zongalo Quirico dixo...

Noraboa aos nenos e nenas de 5ºB que tanto participan nesta Biblioteca Máxica. Eu tamén quero participar e aí van dúas citas que me gustan:
Todos somos moi ignorantes. O que pasa é que non todos ignoramos as mesmas cousas. (Albert Einstein)
Estudia! Non para saber unha cousa máis, senón para sabela mellor. (Séneca)
Ah! Moitas grazas por facer un oco para o libro do meu orixe.
Unha grande aperta de Zongalo Quirico.

Ana dixo...

Xa que a biblioteca máxica quere que lle mandemos citas aí vai a miña:
"Di nunca a un nunca y nunca nunca a un siempre."
Síntoo pero non me recordo de que e.
Con agarimo, Ines Sixto 5ºB.

Mariota dixo...

Os nenos de 5ºB non deixamos de traballar para Carmen porque, e moi divertido levarlle contos, debuxos... Todos participamos para que quede moi bonita!
Firmado:
Cecilia Ramil López, 5ºB
Sabela Yáñez López, 5ºB
Ata logo!