mércores, 29 de abril de 2009

Novos aportes, 27-04-2009

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgCviH-uHI7rT1TAXRUg3dLbxfW0s2zSSYNIe8xWZ4Cx7y2aXkqk-IQ2rUxHqD2OJkCxx1uMtVEa0Qv8J5vH6-wTeSb8KbsSUVPjrvfHcOBDjNahxV0yY7w7s4ZHnrx_TuwpLifrqkS7-o/Hoxe veu á Biblioteca Máxica Sabela, de 5ºB e trouxo dous libros moi chulos que vos recomendamos:
  • Elmer, de David McKee, e
  • Toc-Toc, ¿quién es?, de Amanda Leslie
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEig912zzHBFuW3Vm-30-Ir8Lpjr4w2aYYvpl9EpoIDtCTmPgW9FyHgrQUNSXl-pTTLUHqHFEvsfFdB6R5blPT-6jJLjwQ7jhXVUefYZiyugE5i12v-d53yVP8Lg_7b6LXLyhOkLJv1dEno/Por suposto que estas suxestións dos nenos estarán na Biblioteca Máxica porque son libros preciosos, son libros que escollen eles mesmos e porque os nenos son os máis animados en participar sempre. Así da gusto.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhs1bYQWQK5WCtsvavPa9WEuVdKWHM2i2PmYzlMWiuGwgKQ6sTIE7gMSyQ2cQYXnXIhB939HvEIaHDCoixusA6pCD22NxGgOFdZeNLz7Zu0-bciepl8W5c0uYD9HkKT9HxsKVhEDrQRTa8/E moitos máis nenos participan. Sabela, o outro día tamén trouxo a "Historia de Cataventos e Cía", de Celia Díaz Núñez.

Cecilia trouxo uns libros simpatiquísimos, como ela, da colección de Gaturro, de Nik: sete libriños. Tamén trouxo outro libro, de Pernilla Stalfelt: "El libro de la Caca", que é moi instructivo. https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixoNxcXtj_W3gn_CVZ4XPe_qACJ4kSg_UYnQxkYlxHD90ErqhGRmNoebLbcagSoQUQ7M14GjedQaRB2hjy4glbPyYpi1mGJnRoDCXVJLwvqcTFSE2UQmC-bctQ234j7TR6GXjuBseeEIQ/
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiSffS6-rqLWVV1R78Wvplq43SZyVf10Q2qxHdkTFMtrv15SEXzOsf3gcnZ_BanSgZ9rPk-kePT_9d2LtIbji-4f7YvLpirhmvErnvtvsGky1TLyUFl2ScRhAiqO1DVlDOflMe0hev-W10/

Alicia,
non a do País das Marabillas, pero unha que é semellante trouxo uns debuxiños feitos por ela, estilo manga, sobre sereas e vampiros.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvz7o3pm-iYuP_wvd8rO0cea1SZ5VT9WsJfbnFUeypRb6VlzOHw81RhEztPjhGpSvEN_2rqvU2Gd2TPyt8RBFXgWsTGTZjLSesEDBvA4RjQfd_akDTxX7oharC42LtaXitAWkHejmEjng/Tamén Tania Romalde, de 5ºB trouxo un texto escrito por ela, verdadeiramente precioso.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvMd2a5kUYNEPYUtR9fXTywCryRcyU1ZyL_lIiw3rrIGeX55fQogWgZ4XR-sq6ek3qD9FMlNQuQci7QPq_FTUBeSSj4m_LIy6mL4Ch9xOOs1UvJMj1pS6umz3KeE8XP514yf817kXj_VU/Andrés, tamén de 5ºB... Canto participan estes nenos de 5ºB! Moitas grazas de novo.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4aUizjwC19N1sOe0dKqLD5tCU9MhXYWqeZ_WgCwnox8HxMZ6PxRDOpvMtboksa7G9qrITelRf0nPRka5mb7QTekgy7yToNjGPZtUnPRA5Cn_udwDk7xup7ecQUmO0fR-onulvJ5ZPqCw/Ben, pois como dicía, tamén Andrés prestoume un libro: a "Mortadelo y su Guía para la Vida del estudiante de hoy en día", de F. Ibáñez. Andrés, como outros nenos do cole, é un amante da lectura e tamén dos cómics. Algo digno de admiración.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSM4TD8rMmzvlchq-cZXt09ADLHBrJ5L3-vnjbNQjiWdN5jmJu9wpXnOscQ7E8mRL0tCHf665yqob6mQTcofUD0UqQ1N4Dj_fKx8h4GInUpZCuw2kg6v0wONlUILxZJXsfi0E8iXpyP_c/E xa por último contarvos que xa collín -ben, en realidade colleumo Edgar (tamén de 5ºB) co seu carnet da biblioteca- o libro onde naceu Zongalo Quirico. Aquí o tedes: Teatro Feroz, de Gloria Sánchez. E eu penso que o galo da páxina 45 debe ser o pai de Zongalo. Vos que pensades? https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhi8xbTtX_ucrZR6M2UZcUPAUEBvM81UlPJWBz7Ex1o1yhaylA7GMdrvS7QuaSdDG-2avRys0zsN-rX9sOjcz_1J-bfp5UihN4pzPiCUTtzEgAN8JYLj1vySeREGzaUXNf3b9XmliFFF-Y/

E unha cousa mais. Que vos parece tamén que me digades citas que vos gustan para poñer nos cantos dos tantos e tantos libros que temos na Biblioteca Máxica?

Por suposto isto vai tanto para nenos como para maiores, profes, zongalos...

Aí vai unha:

"O que con moito traballo se adquire, máis se ama"

Aristóteles.


Aquí están as fotos de todos os traballos, e máis abaixo tendes unha presentación con elas:



3 comentarios:

Zongalo Quirico dixo...

Noraboa aos nenos e nenas de 5ºB que tanto participan nesta Biblioteca Máxica. Eu tamén quero participar e aí van dúas citas que me gustan:
Todos somos moi ignorantes. O que pasa é que non todos ignoramos as mesmas cousas. (Albert Einstein)
Estudia! Non para saber unha cousa máis, senón para sabela mellor. (Séneca)
Ah! Moitas grazas por facer un oco para o libro do meu orixe.
Unha grande aperta de Zongalo Quirico.

Ana dixo...

Xa que a biblioteca máxica quere que lle mandemos citas aí vai a miña:
"Di nunca a un nunca y nunca nunca a un siempre."
Síntoo pero non me recordo de que e.
Con agarimo, Ines Sixto 5ºB.

Mariota dixo...

Os nenos de 5ºB non deixamos de traballar para Carmen porque, e moi divertido levarlle contos, debuxos... Todos participamos para que quede moi bonita!
Firmado:
Cecilia Ramil López, 5ºB
Sabela Yáñez López, 5ºB
Ata logo!