mércores, 29 de abril de 2009

Novos aportes, 27-04-2009

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgCviH-uHI7rT1TAXRUg3dLbxfW0s2zSSYNIe8xWZ4Cx7y2aXkqk-IQ2rUxHqD2OJkCxx1uMtVEa0Qv8J5vH6-wTeSb8KbsSUVPjrvfHcOBDjNahxV0yY7w7s4ZHnrx_TuwpLifrqkS7-o/Hoxe veu á Biblioteca Máxica Sabela, de 5ºB e trouxo dous libros moi chulos que vos recomendamos:
  • Elmer, de David McKee, e
  • Toc-Toc, ¿quién es?, de Amanda Leslie
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEig912zzHBFuW3Vm-30-Ir8Lpjr4w2aYYvpl9EpoIDtCTmPgW9FyHgrQUNSXl-pTTLUHqHFEvsfFdB6R5blPT-6jJLjwQ7jhXVUefYZiyugE5i12v-d53yVP8Lg_7b6LXLyhOkLJv1dEno/Por suposto que estas suxestións dos nenos estarán na Biblioteca Máxica porque son libros preciosos, son libros que escollen eles mesmos e porque os nenos son os máis animados en participar sempre. Así da gusto.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhs1bYQWQK5WCtsvavPa9WEuVdKWHM2i2PmYzlMWiuGwgKQ6sTIE7gMSyQ2cQYXnXIhB939HvEIaHDCoixusA6pCD22NxGgOFdZeNLz7Zu0-bciepl8W5c0uYD9HkKT9HxsKVhEDrQRTa8/E moitos máis nenos participan. Sabela, o outro día tamén trouxo a "Historia de Cataventos e Cía", de Celia Díaz Núñez.

Cecilia trouxo uns libros simpatiquísimos, como ela, da colección de Gaturro, de Nik: sete libriños. Tamén trouxo outro libro, de Pernilla Stalfelt: "El libro de la Caca", que é moi instructivo. https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixoNxcXtj_W3gn_CVZ4XPe_qACJ4kSg_UYnQxkYlxHD90ErqhGRmNoebLbcagSoQUQ7M14GjedQaRB2hjy4glbPyYpi1mGJnRoDCXVJLwvqcTFSE2UQmC-bctQ234j7TR6GXjuBseeEIQ/
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiSffS6-rqLWVV1R78Wvplq43SZyVf10Q2qxHdkTFMtrv15SEXzOsf3gcnZ_BanSgZ9rPk-kePT_9d2LtIbji-4f7YvLpirhmvErnvtvsGky1TLyUFl2ScRhAiqO1DVlDOflMe0hev-W10/

Alicia,
non a do País das Marabillas, pero unha que é semellante trouxo uns debuxiños feitos por ela, estilo manga, sobre sereas e vampiros.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvz7o3pm-iYuP_wvd8rO0cea1SZ5VT9WsJfbnFUeypRb6VlzOHw81RhEztPjhGpSvEN_2rqvU2Gd2TPyt8RBFXgWsTGTZjLSesEDBvA4RjQfd_akDTxX7oharC42LtaXitAWkHejmEjng/Tamén Tania Romalde, de 5ºB trouxo un texto escrito por ela, verdadeiramente precioso.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvMd2a5kUYNEPYUtR9fXTywCryRcyU1ZyL_lIiw3rrIGeX55fQogWgZ4XR-sq6ek3qD9FMlNQuQci7QPq_FTUBeSSj4m_LIy6mL4Ch9xOOs1UvJMj1pS6umz3KeE8XP514yf817kXj_VU/Andrés, tamén de 5ºB... Canto participan estes nenos de 5ºB! Moitas grazas de novo.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4aUizjwC19N1sOe0dKqLD5tCU9MhXYWqeZ_WgCwnox8HxMZ6PxRDOpvMtboksa7G9qrITelRf0nPRka5mb7QTekgy7yToNjGPZtUnPRA5Cn_udwDk7xup7ecQUmO0fR-onulvJ5ZPqCw/Ben, pois como dicía, tamén Andrés prestoume un libro: a "Mortadelo y su Guía para la Vida del estudiante de hoy en día", de F. Ibáñez. Andrés, como outros nenos do cole, é un amante da lectura e tamén dos cómics. Algo digno de admiración.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSM4TD8rMmzvlchq-cZXt09ADLHBrJ5L3-vnjbNQjiWdN5jmJu9wpXnOscQ7E8mRL0tCHf665yqob6mQTcofUD0UqQ1N4Dj_fKx8h4GInUpZCuw2kg6v0wONlUILxZJXsfi0E8iXpyP_c/E xa por último contarvos que xa collín -ben, en realidade colleumo Edgar (tamén de 5ºB) co seu carnet da biblioteca- o libro onde naceu Zongalo Quirico. Aquí o tedes: Teatro Feroz, de Gloria Sánchez. E eu penso que o galo da páxina 45 debe ser o pai de Zongalo. Vos que pensades? https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhi8xbTtX_ucrZR6M2UZcUPAUEBvM81UlPJWBz7Ex1o1yhaylA7GMdrvS7QuaSdDG-2avRys0zsN-rX9sOjcz_1J-bfp5UihN4pzPiCUTtzEgAN8JYLj1vySeREGzaUXNf3b9XmliFFF-Y/

E unha cousa mais. Que vos parece tamén que me digades citas que vos gustan para poñer nos cantos dos tantos e tantos libros que temos na Biblioteca Máxica?

Por suposto isto vai tanto para nenos como para maiores, profes, zongalos...

Aí vai unha:

"O que con moito traballo se adquire, máis se ama"

Aristóteles.


Aquí están as fotos de todos os traballos, e máis abaixo tendes unha presentación con elas:



domingo, 26 de abril de 2009

Máis Concursos da Biblioteca Máxica

O primeiro concurso da Biblioteca Máxica gañouno unha nena. Moi probablemente, se os deixamos, os nenos serán sempre quen gañen os concursos, ninguén coñece mellor as personaxes dos libros infantís e as atopará tan rápido pintadas na parede.

De modo que para facilitar que os tres colectivos da comunidade escolar (nenos, profesores e pais) podan participar realmente imos facer que os concursos sexan cada vez dirixidos a un colectivo distinto.

Por iso, hoxe convócase o
SEGUNDO XOGO/CONCURSO
DA BIBLIOTECA MÁXICA
(só para nais e pais)

E a pregunta é...

Onde aparece a
Cynara Cardunculus?


Gañará quen descubra
antes a imaxe desta pranta.


sábado, 25 de abril de 2009

Inés escribe neste blogue

Inés Sixto (5ºB), gañadora do primeiro concurso da Biblioteca Máxica, fíxome chegar este traballo para que o publicara. Quen máis se anima?
Zongalo Quirico nunca déixase mostrar,

pois nesta ocasión eu, ese privilexio

non vos vou dar.
Agora que estades buscando cousas para a páxina web,
Zongalo Quirico as vai ter.
O Principito eu o estou a ler,
unha historia formidable,
non moi fácil de comprender.
Con Cariño e alegría
vos escribe Inés.
Bos días.
Posted by Picasa

xoves, 23 de abril de 2009

Día do Libro no CEIP RECIMIL

Hoxe, celebrouse o Día do Libro no noso cole "Recimil" (xa me afixen ao novo nome). Os rapaces e rapazas de cada aula escolleron un libro e representárono nunha cartolina con texto e ilustración. Todos eles, acompañados dos seus mestres/as, reuníronse no patio para compartir eses libros: informaron do título e autor e leron ou recitaron contos, cancións ou fragmentos dese libro. Todas esas cartolinas pegáronse en papel laranxa para ter un grande mural que estará exposto na parede exterior da actual biblioteca.
Estou encantado de ver que vos gustan os libros tanto como me gustan a min.

Entrega do Premio da Biblioteca Máxica!

Hoxe, Carmen Martín fixo entrega do premio á Inés (5º B) como gañadora do 1º concurso da Biblioteca Máxica. E como podedes comprobar nas fotos, recibiu como agasallo un libro. Canto me gustan os libros!

Novos aportes, 22-04-2009

Hoxe tráiovos un totum revolutum de distintos aportes que aínda non puxera no blogue, por novos ou por vellos. Comezo:

O paxariño é dunha profe moi querida polos nenos e tamén por min,
chamada María. O "Lalo" ímolo inmortalizar na Biblioteca Máxica.

As baleas, en realidade son un regalo que me fixeron os nenos de Cuca un día moi especial para min, e como sempre Cuca e os seus nenos tan, pero que tan doces e cariñosos comigo en todo... A que son preciosas? E viñan co seu océano particular, téñoas en casa no baño para que estean preto da auga, como elas queren.

O texto é de Belén, de 5ºB, e o dragón de Óscar, tamén de 5ºB

Os debuxos dos ananos, de Edgar, do mesmo grupo. Como son moitos seguramente só poderei poñer algún deles. En realidade xa estaban feitos con anterioridade -non eran para a Biblioteca Máxica- pero como Edgar é tan traballador, algo poñeremos.

De A Biblioteca Máxica, 2009_04_23




mércores, 22 de abril de 2009

Visita de Ánxela Loureiro

Os meus parabéns para Inés, a gañadora do 1º concurso da Biblioteca Máxica.
E na actual biblioteca, atopei as fotos da visita de Ánxela Loureiro. E parece que foi moi divertido!! Gustaríame recibir os vosos comentarios sobre a visita. Quen se anima?
Estas son as fotos:

Xa sabemos quen durmía na Biblioteca Máxica

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgtcw-6VCZUkzfzQaFaw39UdUzHj4qzTQRTDjDo83BQgNsCcV4dTYQwvP6ErczbCNgAhUBeYO_L3-eCGKyQFYf29_yPdIfrAX0PG1IogaDjT90lQX7FK6S1gDiO8XpU-SSmMhrHs2jVJ4U/
Xa hai unha gañadora para o primeiro concurso da Biblioteca Máxica. Inés Sixto, de 5º B adiviñou quen durmía na Biblioteca. Mañá, ás 11,30 da mañá, no recreo, recibirá de mans de Carmen Martín o premio do concurso, que por suposto é de arte, e é un libro.

Tendo en conta que estamos na celebración do día do libro, e o propio tema da Biblioteca Máxica, non cabía outro agasallo mellor.

Non vos desanimedes por non gañar esta vez. Haberá moitas máis ocasións! Estade atentos a este blogue de Zongalo Quirico!

Un grande saúdo a Ánxela Loureiro, que hoxe veu polo cole para falar de que Ota quere voar.

luns, 20 de abril de 2009

Ota quere voar

Este é o título dun libro que os alumnos/as de 3º están a ler.
O próximo mércores 22 de abril, contaremos coa visita da súa autora, Ánxela Loureiro.
E os nenos/as de 3ºB fixeron uns debuxos da protagonista da historia, que a súa titora me deixou na biblioteca e que agora podedes ver neste blog.
Espero que vos gusten tanto como me gustaron a min ... e que vos animedes a deixarme os vosos traballos.
Por certo, cal será a resposta á pregunta que nos propoñen desde a Biblioteca Máxica? Non sei, non sei...

Unha grande aperta de Zongalo Quirico.
Posted by Picasa
E se as queres ver unha a unha:



venres, 17 de abril de 2009

Comezan os CONCURSOS da Biblioteca Máxica!

Aproveito, antes de comezar, para contarvos que está xenial pintar no mural durante as horas do cole porque como previramos, os que me ven pintando sobre a andaimada día tras día implícanse moitísimo máis. E os nenos máis que ninguén. Estimúlame coñecer aos que observan o mural e cambia o modo de traballar. Aínda que quizá é unha manía mía, afeita ao contacto coa xente cando fago o de Pintura en Acción...

En fin, pero vou xa ao asunto. Por favor, redobre de tambores!


Convócase un
CONCURSO

para todo o mundo: nenos, profes, pais...
para toda a xente que pasa por diante do mural.

É moi sinxelo. Se atopas o que che vou dicir no mural,
gañarás un premio, que xa diremos. Aí vai a pregunta:

Quen dorme dentro da biblioteca?

Se pensas que acertaches, ven até a Biblioteca Máxica
 e dime onde o viches.
Ou se prefires, cóntamo por correo electrónico
neste enderezo.


Pinturas de hoxe, 17-04-2009

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhRLE-Rogv_5rCT9jCZ42AqGL63z912WoXlF0A_e-3vUKTRQqWDZBSRRT36A5Pdg74Fs2-_2qnYMgZjt71s4rU4Z9xEoQ0G6j1kxHEdw0wAMdUEfKVUCZ15DjjP1kx-V8EG9LFApdFl2Y8/Nesta presentación de fotos pode verse algo do proceso, é unha especie de pequeno Making of.



Para ir ao album web clica aquí.

xoves, 16 de abril de 2009

Nova Edición, Corrixida e Aumentada

Nas bibliotecas atópanse por veces libros, antigos ou novos, cuxa portada amosa, con orgullo, esta lenda:

"Nova Edición, Corrixida e Aumentada..."

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjOBba8M47YJ2wBWmPZ8z524Vcs909A4AQbpzZEoH2i6h_7uapbhPxZ0IbdEqab_xq0KZH2Z3U9kmLmcgAx_rtCA3RN6nwTIUD5tSNDC-x_ls0BfKMfXTi2nnkv8O0c6-wtS1S3TJPGPoY/s640/flor_eliminada.jpghttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhvz-cbsqFsIeLztxXYmzKK3EmCk5oaGwkM9_xJyvv3Yi9T0DIW0tYFRMwXVVrob7ZrdipZ0WCKzTifSbM6PvE6dm5BKc8JEfPY_d2AgKcEdPa2t54GEkb8TWyrt5yPl20gANmUgYdi5yo/

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhX4KuEyk-ab52-MyIztpaAe9CjIdflebp9LJEi8pL5HYzfJ2m9l97IUs2bhtgs-VsL2eY0G3wNp3OUFmb6SJeWFLD4GB4OUnh07Wlsua09-PTq8o-UUy7VWblx8vuhCwbsXjnUacicXdQ/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgFLgEKgDkXqCGyhX1QNO8ovEODE9d05cTwn4XPgXJjof8cF-ZfTdKK8G5mrIQAzktyjJME6zkJWNBWZp9WyXkdgNJ-34D0_jJ5iZOQ9wT2wZ8BosRMdjfS_3votU39KP3PE3Oc_QM15d0/Na pintura tamén é práctica habitual cambiar cousas, eliminar elementos, que mesmo sendo belos, non harmonizan co conxunto. É un grado máis alá dos famosos pentimenti (arrepentimentos) dos artistas, nos que un brazo, unha póla, cambia de lugar para que o cadro final sexa máis perfecto.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiKGOVmIdvu0-ypacEZF-u7oIMaukK29m6MbbA9Qj3LK9_4PzwXvqI1tVW7Vug7R1HVuCs87Qk7UPYi5J_ezsHiFG2a3GR9eoxoHAtu6rlMxvMJxTOAyz7DvDW1cn9Qyo5nuIKKXlAF4os/Na "Biblioteca Máxica" xa temos isto. Carmen Martín pintou, antes das vacacións, un libro, do que salía unha póla de maceira. Quedáralle moi ben, na miña opinión. Pero a artista estimou que esa póla atraía de máis a atención, que desfacía a impresión de conxunto, e sacrificouna polo ben de todos. Agora xaz baixo unha capa de pintura sobre a que pintou varios libros. Nestes días pintará de novo sobre eses libros, e por suposto poremos aquí o resultado.https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBNl4coy8THZnmiRxUXmmb_FUw3TsuVykcYebHsscaKaQiJPTlgm-I5-CIJYpABczKSTjfCy9AeEouj5hegEvLNw9_57H1Ae46ZmoxcjlxWf9qstqq4_Pe6Z5mnLAHxEj4HzRHBk28ch0/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhFGF3V0aK-AMK2Vv6A1KQdqpYXTL48c1abwrodQoCnECpCy5-GV-OIRcJMLBVWND8p5ZfrsJ7JD_s-P2jNsOuSGl-C5Pg-YzDyMsSXOPLhlBls4kIE6cwInH_QdcwIL9r4r9UWCjvgD0Y/

martes, 14 de abril de 2009

Volta ao Cole

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhfUSUh8qf4qAPPajFNjwDU4BZKIxtHfZnB1Gut0JN_SC4Vj6N8Xfd1Pu-2UlQcylcESI2XuKpEKIUlTRkM5-9ggoZ33qlAQthZFn_bDElIGxXQnFgTms3B4ba6KHZui5goPF98hJmSxUc/Xa só queda un día para regresar ao cole a pintar.

Eu xa fixen as miñas tarefas das vacacións e agora espero pintar todo no mural moi axiña.

Ilustrar contos de un non ten nada que ver con ilustrar contos de outros, pero está ben facer ambas cousas.

Eu sei o que quero ilustrar nos meus contos e iso facilita moito, ademais cando escribo un conto moitas veces os debuxos van primeiro que o conto.

Pero se ilustro contos de outros, maiores ou nenos, teño que facer miña a historia, querela, aprehendela e iso sérveme para coñecer outros puntos de vista, aínda que no principio custe un pouco, segundo os casos, logo quédase un moi enriquecido.

En fin, que marabilla!

Se vos interesa, antes do 20 de Abril hai un concurso de ilustración cuxo tema é O Circo. Eu tamén presentareime, ven agora a tempada dos concursos, de pintura rápida e dos outros, nos que participamos case todos os anos.

Se vos interesa escribide neste blogue, e se non tamén, que eu sacarei tempo para contestarvos, que un blogue sen comentarios é como unha biblioteca sen libros!

luns, 13 de abril de 2009

"Libros, camiños e días dan ao home sabiduría" (Proverbio árabe)

O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. E foi o 15 de novembro de 1995 cando a UNESCO decidiu promulgar esta data como o

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Teño noticia de que o Equipo de Biblioteca está a desenvolver actividades alusivas a esta commemoración nas que todos/as estades invitados/as a participar. E, por suposto, o xoves día 23 haberá un acto conxunto para celebrar este importante día. Para os que sodes máis curiosos e queredes saber máis, recoméndovos que pasedes pola Biblioteca onde atoparedes na sección de consulta e coa sinatura: 9/GAT/his

"La historia del libro"

Ah! Xa me esquecía de comunicarvos que, tamén a próxima semana, os/as que estades no 2º ciclo recibiredes a visita da profesora e escritora ferrolá ÁNXELA LOUREIRO.
Invítovos a que me fagades chegar as vosas opinións sobre os libros que estades lendo desta autora. Só tedes que entregar os vosos comentarios (ou debuxos) ao voso/a titor/a, e eu encargareime de que sexan publicados.

martes, 7 de abril de 2009

A Maxia da Pintura

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj-aWmfF0EtnGxgjHEtJiPsF9LfkVvjLSLkghU7AiO3ile8NEAbU5au27D-JMvZGFUCow6PQMOfUXWrY8jEJ2-eg6inTZTR5MY-t3z_nQFyWu8Xo_BRtLfueTVdESP7TyVJjRYoMXIRyk8/Esta "Biblioteca Máxica" é máxica de verdade. Os meus fillos falan todo o día dela:

-"Mamá, isto podías metelo na Biblioteca Máxica!".

-"mamá, mira que lindo debuxo para a Biblioteca Máxica!"

Que ben e que bonito que os nenos encontren cousas preciosas e interesantes para pintar na parede, que xa non é unha parede pola maxia da pintura.

Tamén outros nenos, mesmo nenos que non pintan habitualmente, encontran cousas para a Biblioteca Máxica.

Estou feliz, non é para menos!

E aínda que non poda estes días de vacacións estar sobre o andamio, teño moito traballo. Que mágoa (sería no mundo ao revés)!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiJ0x6XmD3UsAsPpHa1PQuxCAJZNcKkAQs4keMqmiin2WMiqietpXTYR8yoa3DF7PQjWCoywLOFgKD-BfX7eXvXbrl_9A6VHWLVlMiabC5YraWnxm589dfR-MaRvlxX8KSYGCUov4oNOOs/Estou ilustrando contos novos que lin, algúns coñecidos como o de Ricitos de Oro y los tres osos, Xoán e as xudías máxicas e outros como a Princesa e os sete zapatos ou a princesa ra, que son contos populares pero en Sudamérica. Tamén ilustrarei contos que me deron os compañeiros de Rosalía, a miña filla, que vai en 5º, e non están ilustrados. Claro que conto coa colaboración de "Súper-Rosalía" que vai ilustrar o conto de Sabela e logo xa veremos...

Non vos cortedes e mandádenos colaboracións ou polo menos un saudiño para que saibamos que estades aí. Porfi. Precisamos saber que estades aí, e saber a vosa opinión. Escribide ou debuxade ou algo...

luns, 6 de abril de 2009

Panorámica do mural

Comezan as vacacións da Semana Santa católica, festivas tamén no calendario escolar, e que en Ferrol engaden o luns posterior, xa que é a Romaría de Chamorro. Nestes días, pois, descansarei -forzosamente- do traballo no mural. Así que é o momento de facer unha visión de conxunto, e para iso o meu marido, Anxo Varela, preparoume esta panorámica do que xa está pintado. Se pulsades nela ou aqui mesmo podedes ver -e descarregar- a imaxe agrandada,
ou moito máis agrandada ainda (tarda máis).

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhjj59LfGFPqKPoeSJo8cfR1Cp1E0BwOH51H8WMcqGcpqbFadr335FgL9tSNGzMLbUQU903GNzRgJyJ24dS3q1AxZBKrar8hhzinEu02ROjtw2YxXx7qXliRy7C9qkR8JwLh1CyHsP7Ats/s912/panoramica_mural_colexio.jpg

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjBUhQDcN14Wh17uPdtGtFckHLxw4n9RgLLfR5ETS3HQzfVJBx3rwUHEZQOeFGs9TiGF8W729PM0FIVAivV0zTD1jWSinYD5tDtbuNucDFvlZVwAGr4OCGIcm6y3n6vjxedcbTpsveytgU/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjBRiDGe-n5Z7ZPbhu44LYE03t60WWHs3-XdnDf1qfEM8cySyl2STeCqBMWdqcaOc3H07N42mW5NcGgN6780oInPeF-cVTPPBL3v6qyyFD8Yb1bH9P7L-XwB_fd_-WsUJthTkPYea-RP4Y/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiC4OrvorZJzqx0wzXy4uRq287H-UKRjkua5cKMSFGHZ1B3wmagHlgXZYyAN2r0esZkQmF5q4qcYm9mUeSORNKygQ4jgkT9Ov75Rn7QLHPq59rUaCLAYfImfrloBfoFdUpSsHyeDokfAeo/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgHQNXlC19dL24xOlfCkFi0SsQ1hzFFolQr0fcv-esxB0uRVlsya8LRlFs1djCOttvhQ-7XQMHv8whYM3dttAwnnK6YBJ2JkwCSVULlEnPOcA-sp7mcjYWKJMYRHyMYUxTpcbMt4LGD3sg/

Novos aportes, 03-04-09

Cada vez máis nenos e nenas anímanse a participar, aportando contos, debuxos, ideas...

Estes son os novos aportes recollidos nos dous últimos días antes de Semana Santa. Para agrandalos, facede "clic" sobre os debuxos.


Quimera, de Rosalía (5ºB)
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgf435-lVkXBMdU0poQhhnMq7oAOGN5auXeJCoIydE99m8drvqjrepyUsIDw8q1XNOLLDw-4z-Ar8wNrKzq56WdUiXWqJ03bGOKkO7JzTjpxtjwWh1QxN0OmnhF1SWfcBHNfWUC2ZhKJRw/

Conto sobre unha orfa, de Karla (5ºB):
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYbEGn0HBDdv_-CveRV77tnvfmVIW42OkkKjfs_s1LdnKElQ2pibPzdkaMx9StGlxcrdE3TgXsKTbp4FnXAdIhqwnvrliwsjEX_OiKMBnG-EbSR8-eZcCwH06bSjnSmBy6nhOo-5NGJOQ/https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhfHM3xzZyoX_S2epY8fRg4p7e3nYRIsKb9_l29rBz7cxu6fMqCIDZNH4UnzrttiXCkjgcmV7rAQPM6kvXNII94qxRV_DcRzkv0wf0rfQCTSNSg_n0sQtvzuLYkvk_032TGv7TCdyx4fzI/

Os dous canciños nas tazas de café, conto e debuxo de Candela, 5ºA
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh1VAm6WgeryX406Ww0T1h8CXdMof8-YRrEf8HAiG0cGjYVBgrlsAr0ynOzrUEcbhrd-vgicCwdcu0hH5ZbRbM5HbAt7ldnAyyrzubWYhzJP9oY4R2-EE7uWasJUVmuszW9_doYBw35cGs/

Sol que saúda, de Salma, 3ºB
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2LJT39n0kO9pRCLow6WY2KeXzb5bi471kj9IUp7I-RX0HQRSVqd6zhUGC6q7f_hDwE6oNeDkZ2G4zyPk6j9EeNNEZsfZtOzHAtiT0rBG12FpGGJ8CmI-FP5GhTArDHfpHJJRRbZej9Ik/

Debuxos de José (4 anos, clase de Cuca):
1 - Fauna da era Paleozoica,
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgYfVOqdyU4JeQp1B73mrH6ziM_eqA7N-RBX7QZNgcl9GGkdvnZthn7CpGHkXUVU5XwGDXLdrAD-IGjIiLsSU3QX44gPLurjB3b6aSFNRgCYgQG5OPuTlBX0KOHaSSbMapyBlEFzygAd20/

2 - Allosaurus e oviraptor cun saurópodo, e
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjOGGS5doI3BpMiI1rx50eIN-TC1yOQpx-rgEMzLVQDT160xRTEwtBMwtZxGWLePmqnSjIKbLY92M1orLfrfMAr26NOxiqfCYcht4lt5W084VglpBXrqQOiK8NoLP7OomM3Tv4jK1SNShQ/

3 - Robots mariños
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgbh5kLdP0rVAGUlJagbPxdAJqhdoL7g_oTvDSWV8XNHWbCJRf3TQUmICXkRueWClCTnsxgX3uKeQqqT4nZShyphenhyphen7x20r1Sr9CUcE6Nh3K2SBJx8RENatOXs-6X_2kauN1C-26pYRQBJ-VR8/