martes, 22 de decembro de 2009

GAÑADORES ZONGALO QUIRICO








3º ciclo: Tania Mª Romalde Dopico e Arancha Palma Novo.
2º ciclo: Sara Graña Romero.
1º ciclo: Yahaira Vélez Vargas.
Educación Infantil: clase de 5 anos A.


Zongalo Quirico mostra os gañadores e gañadoras do concurso. Noraboa.

venres, 18 de decembro de 2009

RECOMENDACIÓNS NADAL

Zongalo Quirico recomenda unhas lecturas polas que poderedes viaxar a través dun mundo moi pero que moi interesante.
Boas lecturas e a........VIAXAR.

xoves, 17 de decembro de 2009

AGASALLOS ZONGALO QUIRICO

O martes saberedes cales foron os gañadores ou gañadoras dos zongalos quiricos. Estade moi atentos.

martes, 15 de decembro de 2009

VISITAS Á BIBLIOTECA E CONTACONTOS

Neste trimestre fixemos dúas visitas á biblioteca: unha para ver e ler libros e outra para ver os obxectos dos distintos países.
Tamén os rapaces e rapazas de 5º curso fixeron de contacontos para Educación Infantil. Os contos foron os seguintes:

- A ratiña presumida para 3 anos.
- O parruliño feo para 4 anos.
- Rita e O mago de Oz para 5 anos.

Zongalo Quirico deixa unhas imaxes para lembrar estos momentos tan fantásticos.

MÁIS FOTOS MULTICULTURALIDADE

Aquí van as fotos que faltaban.

xoves, 3 de decembro de 2009

FOTOS MULTICULTURALIDADE

Aquí tedes algunhas das fotos vistas na biblioteca sobre o tema de multiculturalidade.

martes, 10 de novembro de 2009

PORTA DE ENTRADA Á BIBLIOTECA


Velaí tedes :
ZONGALO entrando na biblioteca do noso colexio!
Que experiencias traerá da súa viaxe polo mundo?
Consultando os libros podedes coñecer os países que visitou, as súas costumes , fauna , flora , cultura , folclore , linguas . . .
Grazas a Carmen Martín podemos disfrutar da súa arte.

BOAS LECTURAS E . . . . . . . . . . . BOA VIAXE !!!!!

mércores, 28 de outubro de 2009

ATENCIÓN!!!!

Este curso, ZONGALO QUIRICO, marcha de……………VIAXE.
Que nos contará? Que lugares visitará?

Polo de agora, deixounos na biblioteca, dous cousiñas moi pero que moi interesantes:
- PRIMEIRA: un lote de libros no expositor relacionados con distintas partes do mundo. Dita exposición manterase ata mediados de Novembro.

- SEGUNDA: no mes de Novembro teremos unha exposición de obxectos de distintos países: España, Japón, Marruecos, Guatemala, Italia, Uruguay, China, Egipto,……..
OLLO!!!!!

No mes de Decembro, ZONGALO QUIRICO, fará unha selección dos debuxos que se están a facer en todas as aulas para poder marchar de viaxe. Neste mes saberedes quen son os gañadores ou gañadoras.


QUE SE LEVARÁ ZONGALO QUIRICO DE VIAXE??????
TEREMOS QUE………………………. AGARDAR.
VIAXAR, VIAXARÁ
E O MUNDO RECORRERÁ.

Saúdos e boas lecturas.

sábado, 26 de setembro de 2009

O Mural de Carmen

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6M2H0guJI/AAAAAAAAGqU/YwI004Lp7_o/s640/abm_f_023.jpg A miña muller é a pintora Carmen Martín. Coñézoa desde hai 21 anos, polo que levo xa máis da metade da miña vida con ela. Así pois, eu son quen son grazas -ou por culpa de- Carmen. E ao revés.

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6M4r5LNZI/AAAAAAAAGqY/tuq8XrOPVgc/s640/abm_f_024.jpgA finais de Agosto, Carmen rematou o mural do noso CEIP Recimil, no que levaba traballando sen descanso desde Abril. Unha enorme superficie, repartida en dous espazos (corredor e escaleira) que engalanan a entrada á nova biblioteca do colexio. Un gran traballo, grazas ao cal este antigo colexio ferrolán xamais volverá a ser o mesmo.

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6M68ORIwI/AAAAAAAAGqc/X74wUetac2U/s640/abm_f_025.jpgCarmen é, como adoita dicirse, unha persoa "activa". Non é capaz de
estarse queda, incluso aínda que lle receiten repouso Carmen precisa erguerse e seguir traballando. http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6M9Hy7kSI/AAAAAAAAGqg/mWLmfuol8fY/s640/abm_f_026.jpgCarmen pintou este mural, subida ás estadas, falando con profesores, nenos, pais, buscando libros, ilustradores, pensando mil ideas, proxectando en libretiñas, en láminas de cartolina e papel continuo, pintando, corrixindo, volvendo a pintar... o traballo final é impresionante, unha serie de andeis, con centos de libros e que responde a un programa reitor que trata diversa temas, desde o espazo, ao mar, os xoguetes, as
matemáticas, a literatura infantil... bautizouna como "A Biblioteca Máxica", porque é unha biblioteca pintada que maxicamente envolve á biblioteca real. Tamén na biblioteca real estará a pegada de Carmen
grazas ao "Teatrín de Carmovita" que presidía a Escola Aberta de Arte e doouse ao colexio.
Ehttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6M_TliYcI/AAAAAAAAGqk/yLzFT4i8iAU/s640/abm_f_027.jpgn Outubro, ademais de PINTA[C], do primeiro aniversario do Hartismo e San
Lucas, inaugurarase oficialmente a nova Biblioteca do CEIP "Recimil" e será o momento no que lle presente ao mundo tamén a obra de Carmen.

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6MaTgUKPI/AAAAAAAAGpg/54KM6CSdE4Y/s512/abm_f_011.jpgQuixen escribir isto -interrompendo momentaneamente os meus labores
urxentes- para expresar en serio toda a miña profunda admiración por esta artista, humilde pero tan grande como o seu mural, coa que teño a fortuna de compartir a miña vida.

Aquí podedes ver unha galería cunha chea de fotos sobre o mural, incluidas as últimas e as que se tomarán durante a inauguración.

http://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6MeC4B-RI/AAAAAAAAGpo/0pijmj1pLUw/s640/abm_f_013.jpghttp://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6MgfVQV0I/AAAAAAAAGps/nRasyLHGXpQ/s640/abm_f_014.jpghttp://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6Mk97X8cI/AAAAAAAAGp0/YHBOd2dmWco/s640/abm_f_016.jpghttp://lh4.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/Sq6MnwyC20I/AAAAAAAAGp8/f4gUiQV-ZVM/s640/abm_f_017.jpg

sábado, 29 de agosto de 2009

A nosa Biblioteca Máxica!

O mural da biblioteca máxica xa está rematado! Parabéns para Carmen Martín! Sen lugar a dúbidas unha ARTISTA (así, con maiúsculas). Sóbranme razóns para comezar o novo curso escolar cheo de ledicia: reencontro coa comunidade escolar do colexio de Recimil (aínda que non podo negar que os nenos e nenas son os meus favoritos), máis espazo para a biblioteca e, por suposto, a súa nova situación nunha das entradas principais e tan chea de arte, libros e ... como non, maxia!
Estou desexando que chegue o mes de outubro para que ese espazo máxico se colme de vida co ir e vir dos nenos e as nenas do centro.
Moitas grazas a Carmen Martín pola contaxiosa ilusión e polo esforzo que empregou neste proxecto!

venres, 31 de xullo de 2009

Segunda fase da Biblioteca Máxica

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SlEYjZej8sI/AAAAAAAAFxM/CXO0eA2WL7U/s512/IMG_2422.JPGDurante este mes de xullo, Carmen Martín non colleu vacacións: Pintura en Acción en Riazor, varias saídas máis a pintar... e tamén o comezo dos traballos da Segunda Fase do gran mural da biblioteca nova do CEIP "Recimil".

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHXuEP7ZXI/AAAAAAAAGjI/n6LEJb0zYyM/s512/abm200020.jpgÉ dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYNli11YI/AAAAAAAAGjc/XtNCXGzcb3U/s512/abm200220.jpghttp://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYIO041TI/AAAAAAAAGjU/1GprjptDnaU/s512/abm200200.jpg

O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.

O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.

http://lh5.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYLpadj9I/AAAAAAAAGjY/L18kYcZxfzA/s640/abm200210.jpgLogo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo.

Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.

E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.

http://lh6.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SnHYEzeV3HI/AAAAAAAAGjQ/JjZeCV4l9eI/s640/abm200190.jpgLogo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.

Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.

Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.

luns, 6 de xullo de 2009

A Biblioteca Máxica (II)

Xa está preparada a andamiaxe da escaleira, e eu esta semana comezarei a ir ao cole a pintar, iniciando así a segunda fase do mural.

...Primeiro os fondos, claro.


xoves, 25 de xuño de 2009

Lecturas para o verán

Aquí tedes unha selección de libros que podedes ler durante as vacacións de verán. Para escollelos contei, coma sempre, coa colaboración do equipo de Biblioteca e do equipo de Normalización e Dinamización Lingüística. BOAS LECTURAS e ata setembro ... na nova BIBLIOTECA!

xoves, 18 de xuño de 2009

Calvin quere beber

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SjFQ7YYEtEI/AAAAAAAAFQI/vWi-8fMT-7E/abm003800.JPGXa temos gañadora do concurso, o último do curso, para os profes. É Ana, de Ximnasia, que segundo ela mesma contou, percorreu todo o mural de punta a punta. Cando xa o daba por imposíbel reparou no cómic de Calvin e Hobbes que está no arranque da escaleira e viu a Calvin saíndo do colexio para beber auga na súa casa, ante a súa nai estupefacta.

Moitas felicidades!


mércores, 17 de xuño de 2009

Alicia atopou o chupete

http://lh3.ggpht.com/_OZB6zqEi8cc/SjmtnSjoTxI/AAAAAAAAFTU/3Q66yOgOwbk/abm003870.jpgTódolos días chegan nenos á Biblioteca Máxica na hora do recreo. Cada vez achéganse máis, uns pedindo que lles faga un debuxiño na man, outros para charlar un pouco comigo, outros para mirar, outros non sei para que... O caso é que os nenos deste cole son moi divertidos. Está mal que eu o diga, xa que tamén os meus filliños van a este cole, pero sempre que estou cos nenos "ao mogollón" sinto que son ben educados.

Claro, eles berran, porque son nenos, pero non é algo que me volva tola.

Onte a visita foi como cando abres unha billa e sae auga a esgalla. Ao soar a serea do recreo saíron todos a trote, buscando e preguntando onde estaba o chupete (do concurso). "Onde, onde está!" Ian daquí para alá, así un bo pedazo. De súpeto, mentres eu falaba cun neno, todos dicían: "Aquí! Aquí!" Xa se sabe como son os nenos, un o adiviña e todos os demáis repiten a mesma cantinela. Por fin, entre todos recoñeceron que a que primeiro o vira fora...  Tachán!...

ALICIA, de 5ºB.

Non hai dúbida de que Alicia é unha grande observadora. Moitas Felicidades!

Agora só resta que os mestres atopen quen quere beber auga! (Os nenos tamén mo dixeron onte).

venres, 12 de xuño de 2009

Concurso para profes e... propina!

Rematando o curso, case rematada a primeira fase do mural, chegan os últimos concursos da Biblioteca Máxica. Aproveitade a oportunidade de participar!

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2bachillerato/biomol/imagenes/agua/agua.jpgO primeiro concurso é o que lles tocaba aos/ás profes. Esta é a pregunta:
Quen quere beber auga?

http://www.farmacia-morlan.com/images/micarpeta/266924V_Suavinex_ChupeConfo.jpgE como propina, facemos outro concurso para os nenos, que foron os máis participativos. E a pregunta para eles é esta outra:
Onde hai un chupete?

Sorte!



xoves, 11 de xuño de 2009

Xa hai (nai)... gañadora

Hoxe chegoume por correo electrónico unha mensaxe da mai de Sabela, de 1ºB:
Son a nai de Sabela de 1ºB e penso que a cita e:

"Podrían engendrarse hijos educados si lo fuesen sus padres".

A frase é de Goethe e está xusto no estremo da Biblioteca Máxica que ten fondo azul e tema espacial.

¡Moitas felicidades!


luns, 8 de xuño de 2009

Concurso para os pais

http://psoepontedeume.files.wordpress.com/2008/02/gallifante.gifEste venres chegou Candela, de 5ºA, case sen aire. Preguntoume: é un avión? a resposta, é un avión?

Pois si. E foise toda contenta, porque esa era a solución ao xogo desta vez, o dos nenos.

O premio foille entregado hoxe.

Candela tivo moito mérito xa que desta vez non enviamos unha circular para avisar do concurso. É dicir, que Candela visitou o blogue e a Biblioteca Máxica, e isto ponme moi contenta.

Eu aínda non sei se a escasez de comentarios é debida a que o blogue non funciona ben ou temos no noso cole moita vergoña ou preguiza para participar. De todos os xeitos eu non penso cambiar e propoño agora o seguinte concurso, este para os pais.

A pregunta é
"En que cita se fala de nós os pais?"

Lémbrovos que podedes entrar no cole, visitar a Biblioteca Máxica sen medo, que para iso se fai. Para ver e participar. Animádevos.

mércores, 3 de xuño de 2009

Concurso para nenos

http://www.diariodeamerica.com/public/noticias/207interrogacion320x240_noticias_3688.jpg
Nestas últimas semanas de clases
imos celebrar outra tanda de xogos:

un para nenos/nenas, outro para pais/nais
e o último para mestres/mestras.

Así que esta semana imos xa co primeiro
xogo, para os nenos. Aí vai a pista:


"Ten ás, e moitas patas,
móvese, e non é un animal"



martes, 2 de xuño de 2009

Comentarios no blogue Zongalo Quirico máis doados

Desde onte xa é posíbel comentar neste blogue sen ter que criar e utilizar unha conta de Google, o cal facilitará moito as cousas aos nenos e nenas e á xente que teña présa.

Como se fai?

Moi sinxelo:
  1. Despois de pulsar sobre "comentarios", ao final de cada entrada, ábrese unha nova pantalla na que arriba de todo pon "Postar um comentário em: Zongalo Quirico"
  2. Debaixo do cadro para inserir texto, aparece este cadriño:
    nel, se xa temos unha conta de Google podemos encher os datos de usuario (nome de usuário) e contrasinal  (senha). Pero se non é o caso, podemos escoller "Nome/URL", ou sexa:
  3. Enchemos o campo "Nome" e pulsamos sobre "PUBLICAR COMENTÁRIO". E xa está:
Agardamos os vosos comentarios!