Zongalo Quirico desexa a todos os nenos e nenas Felices Festas do Nadal e Feliz Aninovo 2017.
mércores, 14 de decembro de 2016
martes, 6 de decembro de 2016
NOVIDADES
Seguro que moitos de vós xa vos fixarades nos libros do expositor da biblioteca. Pois neste mes de decembro xa os podedes levar prestados!
Gústavos o "Diario de Nikki"? Temos os 6 primeiros números da colección.
Contamos co nº 10 da colección "Diario de Greg" titulado "Vieja escuela".
E tamén "Misterio en Hollywood" e "Una aventura en el Caribe" de Tea Stilton.
Gústavos o "Diario de Nikki"? Temos os 6 primeiros números da colección.
Contamos co nº 10 da colección "Diario de Greg" titulado "Vieja escuela".
E tamén "Misterio en Hollywood" e "Una aventura en el Caribe" de Tea Stilton.
VISITAS Á BILBIOTECA MUNICIPAL
No mes de novembro alumnado de EI e 1º de EP fixeron unha visita á BIBLIOTECA MUNICIPAL da Praza de España.
Na galería da páxina web do centro podedes ver todas as fotos.
Na galería da páxina web do centro podedes ver todas as fotos.
mércores, 29 de xuño de 2016
sábado, 25 de xuño de 2016
mércores, 18 de maio de 2016
Música en familia
Dentro do proxecto convivimos con música,
tivémola na biblioteca coa aportación dunha nai de 3º e do seu violín.
Foi estupendo.
xoves, 5 de maio de 2016
LA JURA DE SANTA GADEA
Historia Medieval
Poema del Mio Cid
Las Jura de Santa Gadea
Recitado do fragmento La Jura de Santa Gadea do "Poema del Mío Cid" a cargo do alumnado de 5º A de Educación Primaria.
mércores, 27 de abril de 2016
VISITA DE ANA ALONSO
O pasado 19 de abril, veu ao noso centro a escritora Ana Alonso, autora
do libro "La Senda Escondida" que lemos o alumnado de 5º e 6º de EP. O
libro é do máis entretido; gustounos moito, tanto lelo como facer as
actividades. A autora, Ana Alonso, é moi simpática, divertida e
expresiva; ten máis libros nesa colección, "Pizca de Sal", que seguro
que serán tan interesantes como o que lemos. Pedímoslle que escribise
unha segunda parte e dixo que o ía pensar, ogallá que o faga!
domingo, 24 de abril de 2016
CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Como xa vos fomos adiantando, este ano Zongalo Quirico e o equipo de Biblioteca decidiron dedicar o "Día do Libro" á conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.
Decorouse a biblioteca con motivos do Quijote, elaborouse unha liña de tempo dedicada a Miguel de Cervantes (coa colaboración de todo o alumnado e profesorado) e con eses traballos creouse unha presentación. Coa colaboración do equipo TIC publicáronse na aula virtual da páxina web diversos recursos cos que se traballaron nas aulas. (Enlace)
E o día 21 celebrouse un acto no ximnasio coas seguintes actividades:
- Proxección da presentación mencionada anteriormente. (Abrir aquí)
- Representación, por parte do alumnado de 1ºB, de dous fragmentos de "Don Quijote".
- Proxección do episodio "Don Quijote y la aventura de los molinos de viento".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)