Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Municipal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca Municipal. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de abril de 2019

Día da Lieratura Infantil 2 de Abril

                   
              O  2 de Abril  é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 
INFANTIL E XUVENIL, os nenos e nenas de segundo curso de primaria acudiron á biblioteca municipal de Ferrol para celebralo cun CONTACONTOS. Foron recibidos e invitados a escoitar un conto por unha bibliotecaria. Logo, despois desta fermosa lectura, os rapaces poideron gozar da biblioteca collendo libros e lendo no chan e nos asentos infantís. Como agradecemento da  súa visita viñeron cuns agasallos da Biblioteca Municipal de Ferrol.
Enlace ao álbum da galería coas fotos desta visita e tamén da visita previa do alumnado de 1°: Biblioteca Municipal .

venres, 8 de marzo de 2019

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL

O equipo de biblioteca organizou  un ano máis unhas visitas á biblioteca municipal de Ferrol co afán de que os nenos e nenas coñezan outra biblioteca.

O venres 22 de febreiro foron os rapaces de Educación Infantil en dúas quendas:
  • Ás 10, as mestras Mª José e Esther cos seu alumnado de 3 e 4 anos.
  • Ás 11h 45, a mestra Carmen co  de 5 anos.
Na visita houbo un contacontos e logo os nenos poideron ler e mirar libros infantís.
Gustou moito aos rapaces o contacontos.

Premer na seguinte imaxe para acceder ás fotos da visita de EI. 
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=585

O mércores 27 de febreiro foron os rapaces de PRIMEIRO:       
  • Ás 10h, a mestra Marián con  1ºB.
  • Ás 12 h, o mestre Juan Carlos con 1ºA.

Tamén nesa ocasión houbo un contacontos seguido da lectura de libros na sala infantil.  Igualmente, viñeron contentos da visita.

Premer na seguinte imaxe para acceder ás fotos da visita de 1º.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprecimil/galeria/thumbnails.php?album=585

O  2 de ABRIL, coincidiendo co  DÍA DE LITERATURA INFANTIL van  os SEGUNDOS.
Será unha visita fermosa!

mércores, 2 de maio de 2018

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL



Moitos nenos e nenas do cole visitamos neste curso a Biblioteca Municipal de Ferrol.
No mes de marzo foi  alumnado de E. Infantil. Pódese acceder ao contido publicado na web premendo aquí .

No mes de abril, que conmemoramos o Día do Libro, foi alumnado de E. Primaria.
Premendo aquí pódense ver as fotos da Web.

Ensináronnos todas as dependencias da biblioteca, explicáronnos as normas de funcionamento, e ao final estivemos vendo moitos libros na sección infantil.
Animáronnos a facernos socios, algúns fixémonos, outros xa eramos.