Durante este mes de xullo, Carmen Martín non colleu vacacións: Pintura en Acción en Riazor, varias saídas máis a pintar... e tamén o comezo dos traballos da Segunda Fase do gran mural da biblioteca nova do CEIP "Recimil".
É dicir, retomou o traballo na Biblioteca Máxica. O traballo preliminar foi máis laborioso que na primeira fase que se realizou no corredor do colexio. Agora a pintura exténdese ao longo e ao alto do canón da escaleira, polo que foi colocado un sistema de estadas interconectadas que permite o acceso pero que resultan un pouco incómodos. Carmen-e eu mesmo - tivo que aprender a escalar a estrutura e a encaramarse sobre as estreitezas da estada a, por exemplo, seis metros de altura.
O desenvolvemento destes traballos previos á pintura do mural tivo varios pasos.
O primeiro foi dar unha pátina sobre o muro, cousa que Carmen puido completar en tan só un día.
Logo veu o marcado das liñas para os andeis, que por non ser algo especialmente "artístico" puiden asumir eu, co que contribuín ao mural co meu graíño de area. Moi de agradecer foi a axuda de Paco, o director, que nos conseguiu un nivel láser. Paco foi tamén o que marcou, coa axuda deste nivel láser, o andel de arriba de todo.
Tras o marcado e grazas á cinta de pintor, reencher os andeis puido facerse en tan só unha hora.
E por fin, tras estes traballos previos, Carmen ten abocetada toda a composición, previamente detallada -ao longo de varios días- nun dos seus cadernos de bocetos.
Logo, en pouco tempo, Carmen xa imprimou a superficie de todos os libros cun fondo branco, e ata lle deu tempo de abocetar os lombos e formas dos libros que están pechados.
Ademais, conseguiu acabar a primeira composición, que está adicada á Música.
Convidámosvos a visitar o mural. Tan só chamádenos ao 665 491 386 e concertaremos un día e unha hora para visitar os traballos en proceso e as partes xa rematadas.