mércores, 27 de abril de 2016

VISITA DE ANA ALONSO

O pasado 19 de abril, veu ao noso centro a escritora Ana Alonso, autora do libro "La Senda Escondida" que lemos o alumnado de 5º e 6º de EP. O libro é do máis entretido; gustounos moito, tanto lelo como facer as actividades. A autora, Ana Alonso, é moi simpática, divertida e expresiva; ten máis libros nesa colección, "Pizca de Sal", que seguro que serán tan interesantes como o que lemos. Pedímoslle que escribise unha segunda parte e dixo que o ía pensar, ogallá que o faga!
Fotos

domingo, 24 de abril de 2016

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO


Como xa vos fomos adiantando, este ano Zongalo Quirico e o equipo de Biblioteca decidiron dedicar o "Día do Libro" á conmemoración do IV centenario da morte de Cervantes.

Decorouse a biblioteca con motivos do Quijote, elaborouse unha liña de tempo dedicada a Miguel de Cervantes (coa colaboración de todo o alumnado e profesorado) e con eses traballos creouse unha presentación. Coa colaboración do equipo TIC publicáronse na aula virtual da páxina web diversos recursos cos que se traballaron nas aulas. (Enlace)

E o día 21 celebrouse un acto no ximnasio coas seguintes actividades:
  • Proxección da presentación mencionada anteriormente. (Abrir aquí)
  • Representación, por parte do alumnado de 1ºB, de dous fragmentos de "Don Quijote".


  • Proxección do episodio "Don Quijote y la aventura de los molinos de viento".