luns, 26 de outubro de 2020

 Comeza unha semana monstruosa...

Chegou o Samaín ao noso colexio, por iso dende o equipo de Biblioteca e o equipo de dinamización da Lingua Galega, elaboramos unha presentación con ideas de lecturas, vídeos e películas para as aulas. 
Ademais, propuxemos como actividade para "celebrar" dalgún xeito esta festividade que os maiores versionen contos de medo que logo os máis pequenos verán nas súas aulas.
Estamos desexando ver o resultado. 


A gozar. 

venres, 16 de outubro de 2020


Estamos de volta!

Benvidos e benvidas a todos neste novo curso 2020-2021. A biblioteca de Zongalo Quirico xa está dispoñible seguindo todas as medidas de seguridade e de hixiene para adaptarse a situación actual (vídeo).
Agardamos que nos acompañedes nesta andaina. 


Tedes máis información no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1jY_bQu7pnU2AOadSuj_jtCVgBe6YtzHf/view?usp=sharing

Un saúdo. 

Zongalo Quirico.