O Día do Libro, 23 de Abril, no noso colexio celebrámolo cun acto moi especial : " APADRIÑAMENTO LECTOR ".
O profesorado do equipo de biblioteca organizou esta actividade que consistiu na lectura de contos de alumnado de 3º a 6º aos máis pequenos : E.I, 1º e 2º de E. Primaria.
A lectura podía facerse en calquera espazo do colexio E como este ano choveu, tivemos que facelo dentro, nas aulas e polos corredores e tamén polas escaleiras.
Un bo libro, boa compañia e un lugar cómodo ... ingredientes suficientes para conmemorar ese día.
Enlace ao álbum publicado na galería da páxina web: