mércores, 23 de decembro de 2020


Benvido nadal!

Para este curso tan especial e diferente no que un libro sempre pode ser un gran agasallo, decidimos darlle unha segunda oportunidade os libros que retiramos da biblioteca e así colocar as novidades. No día de onte o noso alumnado atopouse cunha carta da nosa mascota da biblioteca que dicía o seguinte: 



 Estaban tan contentos que seguro os van a coidar con tanto agarimo como o fixemos no colexio durante estes anos. E por se alguén pediu na súa carta algún libro, dende a biblioteca deixámosvos un genially cheíño de novidades.

 
Pasádeo moi ben nestas datas, e collede forzas. Agárdovos a volta, apertas. 
Zongalo Quirico. 

xoves, 3 de decembro de 2020


Todos sumamos!

"A única discapacidade perigosa... é a de non ter corazón".