Amosando publicacións coa etiqueta Zongalo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Zongalo. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de abril de 2009

Inés escribe neste blogue

Inés Sixto (5ºB), gañadora do primeiro concurso da Biblioteca Máxica, fíxome chegar este traballo para que o publicara. Quen máis se anima?
Zongalo Quirico nunca déixase mostrar,

pois nesta ocasión eu, ese privilexio

non vos vou dar.
Agora que estades buscando cousas para a páxina web,
Zongalo Quirico as vai ter.
O Principito eu o estou a ler,
unha historia formidable,
non moi fácil de comprender.
Con Cariño e alegría
vos escribe Inés.
Bos días.
Posted by Picasa

xoves, 23 de abril de 2009

Día do Libro no CEIP RECIMIL

Hoxe, celebrouse o Día do Libro no noso cole "Recimil" (xa me afixen ao novo nome). Os rapaces e rapazas de cada aula escolleron un libro e representárono nunha cartolina con texto e ilustración. Todos eles, acompañados dos seus mestres/as, reuníronse no patio para compartir eses libros: informaron do título e autor e leron ou recitaron contos, cancións ou fragmentos dese libro. Todas esas cartolinas pegáronse en papel laranxa para ter un grande mural que estará exposto na parede exterior da actual biblioteca.
Estou encantado de ver que vos gustan os libros tanto como me gustan a min.

mércores, 22 de abril de 2009

Visita de Ánxela Loureiro

Os meus parabéns para Inés, a gañadora do 1º concurso da Biblioteca Máxica.
E na actual biblioteca, atopei as fotos da visita de Ánxela Loureiro. E parece que foi moi divertido!! Gustaríame recibir os vosos comentarios sobre a visita. Quen se anima?
Estas son as fotos:

luns, 20 de abril de 2009

Ota quere voar

Este é o título dun libro que os alumnos/as de 3º están a ler.
O próximo mércores 22 de abril, contaremos coa visita da súa autora, Ánxela Loureiro.
E os nenos/as de 3ºB fixeron uns debuxos da protagonista da historia, que a súa titora me deixou na biblioteca e que agora podedes ver neste blog.
Espero que vos gusten tanto como me gustaron a min ... e que vos animedes a deixarme os vosos traballos.
Por certo, cal será a resposta á pregunta que nos propoñen desde a Biblioteca Máxica? Non sei, non sei...

Unha grande aperta de Zongalo Quirico.
Posted by Picasa
E se as queres ver unha a unha:



luns, 13 de abril de 2009

"Libros, camiños e días dan ao home sabiduría" (Proverbio árabe)

O 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. E foi o 15 de novembro de 1995 cando a UNESCO decidiu promulgar esta data como o

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Teño noticia de que o Equipo de Biblioteca está a desenvolver actividades alusivas a esta commemoración nas que todos/as estades invitados/as a participar. E, por suposto, o xoves día 23 haberá un acto conxunto para celebrar este importante día. Para os que sodes máis curiosos e queredes saber máis, recoméndovos que pasedes pola Biblioteca onde atoparedes na sección de consulta e coa sinatura: 9/GAT/his

"La historia del libro"

Ah! Xa me esquecía de comunicarvos que, tamén a próxima semana, os/as que estades no 2º ciclo recibiredes a visita da profesora e escritora ferrolá ÁNXELA LOUREIRO.
Invítovos a que me fagades chegar as vosas opinións sobre os libros que estades lendo desta autora. Só tedes que entregar os vosos comentarios (ou debuxos) ao voso/a titor/a, e eu encargareime de que sexan publicados.

sábado, 31 de xaneiro de 2009

Bailando bailando imos medrando

Teño noticia de que un grupo de dez profes do colexio Ibáñez Martín están a facer un grupo de traballo chamado: "Bailando bailando imos medrando". Como o seu nome indica, trata de danzas, pero cunha particularidade: son bailes de diferentes países do mundo, co cal están a traballar cos nenos e nenas a interculturalidade a través da historia de diferentes países (características, os seus costumes, traxes típicos etc.) Para isto, contan coa colaboración de Javier Jurado, coñecido profesor de música e especialista en danzas infantiles entre outras moitas manifestaciones musicais. Están a traballar todo isto nas aulas coa axuda do resto de profesorado do centro, e tamén aproveitarán para facer un festival de Entroido que se representará o día 20 de febreiro. As representacións son estas:

Educación Infantil: danzas de Francia e Servia
Educación Primaria:
1º: danza do "Zapateiro Danés",
2º: representará a Noruega, coa danza "Sete pasos"
3º: unha danza dos E.E.U.U
4º: unha danza alemana,
5º: baile do noso país veciño, Portugal
6º: unha preciosa danza israelí chamada "Ma Navu".

xoves, 26 de abril de 2007

Visita de Anxo Fariña


O 16 de abril tivemos a sorte de contar con Anxo Fariña. Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo disfrutaron escoitando un dos seus contos da serie "Don Quixote e Breogán", que acompañou con ilustracións. Tamén debuxou a dous nenos aos que transformou converténdoos en dous personaxes de conto.

Posteriormente na aula, os nenos e nenas de 5 anos transformaron a Anxo Fariña, quen se converteu nun gato, nun elefante, nun caracol, ...

Podes visitar a páxina web de Anxo Fariña