domingo, 2 de xuño de 2013

Visita de Antón Cortizas

Antón Cortizas visitou a nosa biblioteca e os nenos e nenas de Educación Infantil pasárono estupendamente cos seus contos e os seus xogos. Ver todas as imaxes



mércores, 24 de abril de 2013

Día do Libro - 2013

Como cada 23 de abril, no cole celebramos o Día do Libro. Este ano decidimos dedicalo ao teatro... e non precisamos saír do cole para ver unha representación nin tampouco recibimos a visita de ningunha compañía... Alumnado de distintos cursos representaron varias obras para outros compañeiros.


Estes son os enlaces para ver as fotos de cada representación:

6º de Educación Infantil: A Cebra Camila.

1º: A Ratiña de Compostela.

2º: Cardito Caracol.

2º ciclo: Os amigos.

6º: Un mercado persa (obra musical representada con marionetas).
(Ver noticia no informativo da Televisión Ferrol neste enlace, a partir do minuto 8:17)





venres, 12 de abril de 2013

Visita de Ánxela Loureiro

Encantado quedou o alumnado do 2º ciclo despois de asistir á Biblioteca durante a visita da escritora Ánxela Loureiro.
Ademais de falar de "Ota quere voar", a obra escollida para ler en 3º (tanto no curso actual como no pasado), tamén fixo referencia ao seu primeiro libro "Viaxe de ida e volta". Ambas obras deron pé para que Ánxela nos deleitara a todos con cancións e xogos.
Os nenos e nenas fixéronlle preguntas e tamén lle pediron que asinara os seus libros.
Ver todas as fotos.

Linda á espreita

Linda é unha vaca. Si, si ... unha vaca. Pero non é un animal calquera, é unha vaquiña moi simpática á que lle gusta asustar ao carteiro ... quen non está nada contento con tanto susto!
Como xa sabedes trata dun conto e foi escrito por Alexander Steffensmeier. Un contancontos enviado pola editorial Xerais veuno contar aos nenos e nenas de Educación Infantil. Desde aquí pódense ver as fotos.


Pode que a moitos destes nenos/as lles apeteza ler ou que lles lean na casa este conto. Nese caso pódese atopar máis información aquí. Que saibades tamén que hai un exemplar na nosa biblioteca, a de Zongalo Quirico e dous na biblioteca municipal de Ferrol (no Inferniño e na Praza de España).

mércores, 10 de abril de 2013

A Cebra Camila

Un grupo de alumnos/as de 2º representaron o conto "A Cebra Camila" para os seus compañeiros do 1º ciclo. (8-9 abril 2013)


xoves, 14 de febreiro de 2013

O COELLIÑO BRANCO


Que ben o pasaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos no biblioteca escoitando o conto:
"O COELLIÑO BRANCO"!
Foron rapaces e rapazas de 4º os que manexaron as marionetas que contaron esta fermosa historia.
Zongalo Quirico invítavos a ver as imaxes desde aquí.

E quen queira ler o conto... atoparao na biblioteca!

mércores, 6 de febreiro de 2013

Presentación Biblioteca alumnado 3 anos

Tal e como dispuxo o noso Zongalo Quirico, o martes 5 de febreiro tivo lugar a presentación da Biblioteca ao alumnado de 3 anos, con entrega de marcapáxinas e de carnets. Benvidos á Biblioteca de Zongalo Quirico! 

Ver imaxes