xoves, 26 de maio de 2022
mércores, 18 de maio de 2022
mércores, 4 de maio de 2022
luns, 21 de marzo de 2022
A Poesía ten a palabra
Día 21 de Marzo, día mundial da poesía. Con este día o que se pretende é apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística.
O voso amigo Zongalo convídavos a que veñades á biblio e leades algún dos nosos poemas!
21 de Marzo, Día Mundial do SÍNDROME DE DOWN
É amplamente aceptado que todos deberiamos ter as mesmas oportunidades, poder participar nas mesmas actividades, poder ir aos mesmos lugares e gozar das mesmas experiencias na vida. Pero a realidade é que as persoas con síndrome de down e discapacidade hoxe en día non se benefician dunha participación e inclusión plena e efectiva na sociedade, por iso o lema deste ano é: "Inclusión significa..."
Por iso pregúntoche, que significa para ti INCLUSIÓN?
E como podes axudar a que o mundo fala do día da Síndrome de Down?
Usando moitos calcetíns! Pero non calquera calcetín, usa calcetíns diferentes, brillantes, longos estampados, un só calcetín ou mesmo tres. Anímate!
xoves, 17 de marzo de 2022
mércores, 23 de febreiro de 2022
23 DE FEBREIRO. "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"
Hoxe conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro, poetisa e novelista galega que escribiu tanto en galego como castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, é unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que acabou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada a precursora da poesía española moderna.
venres, 11 de febreiro de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o día internacional da muller e a nena na ciencia. Para celebralo, onte veunos a visitar ao colexio Pedro Brandariz para falarnos dunha muller moi importante pero descoñecida para moitos, como é Angela Ruíz Robles. "Dona Angelita", como así se coñecía, naceu en León, aínda que viviu moitos anos en Ferrol, onde se dedicou a unha das súas paixóns, a docencia. E para o colexio Recimil esta muller é especialmente relevante, pois foi profesora deste centro durante anos. Ademais de dedicarse ao ensino, foi inventora entre outra cousas do libro mecánico, precursor do libro electrónico.
martes, 8 de febreiro de 2022
martes, 1 de febreiro de 2022
luns, 31 de xaneiro de 2022
martes, 25 de xaneiro de 2022
NOVIDADES BIBLIOTECA
Bos días amigos e amigas! Han chegado estas novidades á biblioteca, podedes pasar a ollalas cando queirades.
Os estou agardando coas ás ben abertas.
Un saúdo do voso amigo ZONGALO.
luns, 24 de xaneiro de 2022
luns, 17 de xaneiro de 2022
Xa estamos de volta!!
Ola amigos e amigas! Xa estamos de volta despois dunhas xeniais vacacións de Nadal!
Quería dicirvos que as portas da miña casa xa están abertas, asique espero vervos pronto por aquí, mergullándovos nas páxinas dun bo libro, consultando información, entreténdovos cos meus xogos de lego, quebracabezas, tangram...
Así que aquí os espero, coas ás ben abertas.
Un saudo do voso amigo Zongalo Quirico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)