O mural da biblioteca máxica xa está rematado! Parabéns para Carmen Martín! Sen lugar a dúbidas unha ARTISTA (así, con maiúsculas). Sóbranme razóns para comezar o novo curso escolar cheo de ledicia: reencontro coa comunidade escolar do colexio de Recimil (aínda que non podo negar que os nenos e nenas son os meus favoritos), máis espazo para a biblioteca e, por suposto, a súa nova situación nunha das entradas principais e tan chea de arte, libros e ... como non, maxia!
Estou desexando que chegue o mes de outubro para que ese espazo máxico se colme de vida co ir e vir dos nenos e as nenas do centro.
Moitas grazas a Carmen Martín pola contaxiosa ilusión e polo esforzo que empregou neste proxecto!